guerra

Recep Tayyip Ergodan e Ilham Aliyev, presidentes de Turquía e Acerbaixán respectivamente. (Foto: Presidencia de Acerbaixán / DPA)
INTERNACIONAL

6.650 persoas foxen de Artsakh por temor a unha limpeza étnica

Segunda reunión entre Stepanakert e Bakú despois da sinatura do alto o fogo que freou a invasión azarí.
Danos en Artsakh polo ataque azarí. (Foto: Valedor do Pobo de Artsakh)
INTERNACIONAL

Tensión en Artsakh en paralelo á primeira reunión con Acerbaixán

Ilham Aliyev, o presidente azarí, proclama que Bakú "recuperou a soberanía" nun discurso televisado.
Poboación de Artsakh nos refuxios despois do comezo da invasión do Exército azerí ao seu territorio. (Foto: Valedor do Pobo de Artsakh)
star
INTERNACIONAL

Rusia media nun alto o fogo e a República de Artsakh asume a súa desaparición

Finalmente, Acerbaixán conseguiu o seu principal obxectivo desde a súa separación en 1991 da Unión Soviética, facerse co control de Artsakh, tras iniciar a segunda guerra en tres anos contra o territorio e bloquealo ao longo de nove meses até espallar a fame entre a poboación de maioría armenia.
Edificio bombardeado onte por Bakú no centro de Stepanakert (Artsakh). (Foto: Valedor do Pobo de Artsakh)
star
INTERNACIONAL

Acerbaixán ataca Artsakh e comeza unha nova guerra en Europa

Apenas 24 horas despois da entrada das primeiras subministracións en nove meses en Artsakh por mor do bloqueo azerí, Acerbaixán inicia unha nova guerra para intentar tomar todo o territorio de maioría armenia perante a inacción de Iereván, o que lle pode custar o posto ao presidente armenio.
Mercado de Kostiantynivka. (Foto: Vyacheslav Madiyevskyy / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Medios dos EUA atribúen a Ucraína o mísil que matou 17 persoas en Donetsk

Kíiv insiste en que se tratou dun proxectil ruso a pesar da análise divulgada por The New York Times.
Unha persoa investigadora contra o VIH (Foto:  RFBSIP)
SOCIAL

O cambio climático, a desigualdade e as guerras frean os avances na loita contra a sida, a tuberculose e a malaria

Un informe do Fondo Mundial revela que, aínda que os resultados na loita contra o VIH, a tuberculose e a malaria superan as cifras previas á Covid-19, a concorrencia de diversas crises afasta o mundo da senda para alcanzar as metas de 2030.
Estado das rúas de Derna, en Libia, a segunda feira. (Foto: Goberno do leste de Libia / Xinhua News / Contactophoto)
star
INTERNACIONAL

A ONU vincula a guerra civil en Libia co alto número de mortes nas inundacións

A meirande parte dos falecementos en Libia, que poderían alcanzar os 20.000 só en Derna, eran evitábeis, incidiu a ONU, que atribuíu ao conflito no país a carencia dun sistema de alerta temperá. 
O até o domingo ministro de Defensa de Ucraína, Oleksei Reznikov. (Foto: Nina Liashonok / Contacto via Europa Press)
INTERNACIONAL

Zelenski destitúe o seu ministro de Defensa após numerosos escándalos de corrupción

Rustem Umerov será quen substitúa, se así ratifica o Parlamento os desexos do presidente, un Oleksii Reznikov cuxo nome levaba semanas nas quinielas para abandonar o cargo que ostentou desde antes do estoupido da guerra.
Arayik Haratiunian. (Foto: Celestino Arce Lavin / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Dimite o presidente de Artsakh co fin de intentar rematar co bloqueo azerí

Acerbaixán impide o acceso desde decembro a Artsakh, primeiro apoiando un grupo de manifestantes e despois instalando un punto de control militar para forzar a anexión do territorio.
Preparación en Exipto de paquetes de axuda para as persoas refuxiadas procedentes do Sudán no mes de maio. (Foto: Radwan Abu Elmagd / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

A ONU advirte dunha crise humanitaria de "proporcións épicas" no Sudán

Máis de catro meses despois de que soaran os primeiros disparos da terceira guerra civil sudanesa, a poboación que fuxiu do país e a que ficou está nunha situación humanitaria límite, nun conflito que malia as iniciativas diplomáticas non remite en intensidade.
Yevgueni Prigozhin, xefe do grupo Wagner.
INTERNACIONAL

O avión no que viaxaba o xefe do grupo Wagner estrélase en Rusia

Desde a Axencia Federal de Transporte Aéreo rusa informaron de que unha persoa co nome de Yevgueni Prigozhin atopábase entre os pasaxeiros do avión

Niamey a semana pasada. (Foto: Zheng Yangzi / Xinhua News / Contactophoto)
INTERNACIONAL

A maioría dos países africanos rexeita unha intervención en Níxer

Sábado comeza unha campaña para o recrutamento de voluntarios entre a poboación nixerina para colaborar co Exército na defensa do país perante unha hipotética intervención militar estranxeira.

Maria Zakharova. (Foto: Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia)
INTERNACIONAL

Rusia desbota negociar a paz en Ucraína sobre a proposta de Kíiv

A reunión en Jeddah de altos funcionarios de arredor de 40 países para estudar a proposta de paz ucraína rematou sen declaración final.
Volodimir Zelenski. (Foto: Europa Press / Contacto / President Of Ukraine)
INTERNACIONAL

Comeza en Arabia Saudita a reunión sobre o plan de paz de Kíiv

Beijing confirma que participará na xuntanza coa India ou o Brasil, aínda así, a meirande parte dos participantes son membros da Organización do Tratado do Atlántico Norte.
Abdel Fattah al Burhan, líder do Exército do Sudán. (Foto: Mohamed Khidir / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

Amnistía Internacional denuncia crimes de guerra masivos no Sudán

Nenas de até 12 anos padeceron violencia sexual no contexto dos crimes durante a terceira guerra civil sudanesa, que deixan a poboación civil sen lugares seguros.

Mobilización a quinta feira en Niamey para conmemorar o aniversario da independencia e apoiar a sublevación dos militares a pasada semana. (Foto: Djibo Issifou / DPA)
star
INTERNACIONAL

Níxer fai 63 anos da independencia ao bordo dunha intervención militar estranxeira

Nova mobilización de apoio aos militares que derrocaron a pasada semana o presidente Bazoum en Níxer, mentres Nixeria continúa a premer os países de África Occidental para lanzar unha intervención militar na que aínda non está clara a posición dos países occidentais.
Recep Tayyip Erdogan. (Foto: Apa Images Via Zuma Press Wire / DPA)
INTERNACIONAL

Turquía trata con Rusia a volta ao acordo de exportación do Mar Negro

Polonia envía máis militares á fronteira de Belarús após denunciar unha incursión de dous helicópteros de Minsk.
Ataque dun drone en Moscova. (Foto: Bai Xueqi / Xinhua News / Contactophoto)
INTERNACIONAL

Ucraína ataca Moscova mentres Rusia golpea Khárkiv e Khersón

Os Estados Unidos negan que Wagner ameace Polonia como alerta Varsovia, que achegou soldados á súa fronteira con Belarús.
Volodimir Zelenski. (Foto: Ukraine Presidency / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Kíiv busca apoio para aplicar as súas condicións á fin da guerra

Arabia Saudita acolle unha reunión para tratar de incluír máis países na órbita de apoio á formula de paz ucraína, perante unha contraofensiva que de fracasar desataría as presións da OTAN a Kíiv para acabar co conflito, sosteñen medios especializados.
out_28_july_2023_russia_saint_petersburg_general_view_of_the_plenary
star
INTERNACIONAL

África pide a Rusia abordar a fin da guerra en Ucraína

Ao final do cumio Rusia-África, O Cairo solicitou a Moscova que dea un paso adiante para reactivar o acordo de exportación de gran do Mar Negro, mentres distintos líderes destacan as consecuencias negativas do conflito bélico entre Rusia e Ucraína e apuntan á proposta de paz africana como unha potencial solución.