MEMORIA E HISTORIA
O BNG insta a Xunta da Galiza a "obrigar" os Franco a abrir ao público a Casa Cornide
16/abr./24
Os herdeiros do ditador deberían ter permitido un réxime de visitas ao palacete xa desde maio de 2021, momento en que se incoou o expediente de declaración como BIC
SOCIAL
A Coruña inicia o proceso para recuperar a Casa Cornide, aínda en mans dos Franco
10/abr./24
Críticas á "tardanza" do Goberno local para incoar o expediente
MEMORIA E HISTORIA
Narón homenaxea a "solidariedade e compromiso" da familia Díaz Corral coas persoas represaliadas polo franquismo
06/abr./24
Unha placa conmemorativa lembra dende este sábado no parque do Cadaval a familia de Rudesindo Díaz Beceiro e Benigna Corral Yáñez, "pola súa solidariedade e compromiso en favor das persoas perseguidas pola ditadura franquista, dándolles refuxio, sen reparar en sacrificios, no seu domicilio de Cornido".
POLÍTICA
O PSdeG acusa a Xunta de pór "obstáculos" á Lei de Memoria
03/abr./24
A formación socialista propón o 8 de maio e o 31 de outubro como datas conmemorativas.
MEMORIA E HISTORIA
A memoria rebelde da guerrilla dezá do Corcheiro
29/mar./24
Chamábase Miguel Nicolás Esperante pero na memoria da Galiza democrática será sempre “O Corcheiro”. Naceu en Taragoña, no concello de Rianxo, na comarca do Barbanza o 29 de marzo de 1915 e segue a demandar xustiza.
Contracultura
Xabier Romero: "Os poemas non foran editados porque ían contra o réxime franquista e a monarquía"
15/mar./24
Xabier Romero (Vigo, 1965) é o editor de 'O Cabronario' (Luscofusco), un poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro e prohibido durante a ditadura.
star
Reportaxes
Honrar a memoria en Ferrolterra, Eume e Ortegal
01/mar./24
A cidade de Ferrol conta á fin cun Memorial que recolle a lista das vítimas mortais do franquismo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Son os nomes das 904 vítimas da barbarie entre os anos 1936 e 1975 cuxos casos puideron ser contrastados en fontes documentais. A inauguración do monumento supón un fito importante para a Comisión Pro Memorial, tras perto de sete anos loitando polo cumprimento do acordo para a súa construción.
MEMORIA E HISTORIA
A cartografía da represión franquista, da man de Histagra: "A Historia non é algo inamovíbel que está escrito nos libros"
28/feb./24
O primeiro Plan Cuadrienal Memoria Democrática concibido polo grupo Histagra para buscar, identificar e exhumar a persoas desaparecidas durante a represión franquista chega ao seu último ano facendo un esforzo de divulgación e socialización do estudado.
MEMORIA E HISTORIA
O Museo Provincial de Lugo recupera a memoria das mulleres rapadas durante a ditadura franquista
08/feb./24
A exposición compleméntase coa proxección dunha obra documental
star
Reportaxes
A música, inimiga da ditadura
02/feb./24
Os gaiteiros que tocaban nos mitins do Estatuto, os que honraban Santa Mariña no intre do golpe, os que ano a ano executaban a danza gremial do agro ou as pandeireteiras que non perdían unha festa, foron vítimas da represión franquista, igual que bandas de música, compositores ou intérpretes. Aquel verán do 36 o son galego enmudeceu ou foi luxado ao mudar en ferramenta do fascismo. Mais ficou o legado da resistencia.
CULTURA
Silvia Penas, Alberto Gracia e a represión franquista sobre a música protagonizan o 'Sermos Galiza'
02/feb./24
Neste novo número do semanario, á venda durante a fin de semana, entrevistamos a poeta Silvia Penas e afondamos na represión franquista sobre a música galega. Ademais, analizamos a obra de Alberto Gracia, cuxa longametraxe La Parra será exposta no Festival de Cinema de Rotterdam.
MEMORIA E HISTORIA
Piden retirar o busto de Fraga da alameda de Vilalba por “incumprir” a lei de memoria histórica
31/xan./24
O BNG de Vilalba (A Terra Chá) solicita retirar símbolos franquistas na localidade
MEMORIA E HISTORIA
Beade, o concello gobernado polo franquista Senén Pousa até o pasado ano, cambia o nome da rúa do Caudillo
30/xan./24
A vía pasa a denominarse rúa do Ribeiro tras un acordo entre as diferentes forzas políticas representadas na corporación. O alcalde, Fernando Taboada (PP), nega que o concello simpatice co réxime franquista e afirma que iso é "algo do pasado" que atribúe a Pousa.
star
Reportaxes
Tolas no franquismo: As mulleres que a ditadura fechou en Conxo
19/xan./24
O silencio cara ás vítimas do franquismo, e nomeadamente ás mulleres, foi aínda máis fondo para quen padeceron enfermidades mentais ou foron tratadas como tolas por un réxime misóxino que, lonxe de amparalas, fechounas en Conxo. A dureza do psiquiátrico superou a dos cárceres e foi mortal para as que, carentes de medios, asilaron as Deputacións. Á fin, a tolemia foi outro lucrativo negocio da ditadura.
MEMORIA E HISTORIA
Manuel Monge, vítima do franquismo, recorre ao Defensor do Pobo para demandar a retirada das 'cruces dos caídos'
18/xan./24
No caso concreto de Vigo e a cruz do Castro, a pesar dunha denuncia presentada hai anos, os tribunais acabaron por dar a razón ao Concello na súa decisión de non retirar ese símbolo.
MEMORIA E HISTORIA
Ferrol homenaxea o 24 de febreiro os 900 asasinados na comarca polo franquismo
15/xan./24
O parque Antón Varela inaugura un memorial ás vítimas.
star
Análise
Que facer coas cruces dos caídos?
13/xan./24
Manuel Monge é sociólogo e vítima do franquismo.
star
Análise
As mil caras da solidariedade
13/xan./24
Montse Fajardo é xornalista e escritora especializada en memoria histórica.
star
Reportaxes
Lupe Martínez: A memoria da guerrilla antifranquista
05/xan./24
Socióloga, funcionaria da Administración, investigadora... Dous anos dedicados á obra Coa man armada (2007) e dezaseis á que vén de publicar, Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña (Editorial Galaxia, 2023), con trescentas fichas de xente da guerrilla e 125 causas militares expurgadas, un traballo inxente que a converte nunha das historiadoras de referencia nas investigacións da resistencia armada ao franquismo...