star
ECONOMÍA
A desaceleración económica deixa Galiza lonxe do medre do PIB no resto da península
01/abr./24
O Foro Económico de Galicia presentou esta segunda feira o seu último informe de conxuntura, que reflicte un aumento de 1,8% do produto interior bruto (PIB) na Galiza. Porén, o dato galego fica afastado da evolución da economía nos Estados español (+2,5%) e portugués (2,3%). A contracción de 0,3% en Alemaña afecta de forma negativa o conxunto da Unión Europea e da área monetaria do euro.