star
ECONOMÍA
A incerteza sobre a prórroga de Ence serviu para fraguar o proxecto de Altri na Ulloa
23/abr./24
A entrada en xogo de Altri na Ulloa non é casual, nin aparece de maneira espontánea á calor dos fondos Next Generation e o plan de reactivación económica pos Covid. É un plan que leva planeándose desde hai tempo e que se materializou definitivamente nun escenario financeiro potencialmente favorábel. Un escenario de inseguridade no sector da celulosa estimulou novas perspectivas.