Parlamento

O Parlamento insta a Xunta a solicitar ao Estado a transferencia de fondos europeos para a súa xestión directa

No mesmo pleno, cos votos en contra do PP, rexeitouse unha iniciativa do BNG para demandar á Xunta que se adopten as medidas para garantir a continuidade e estabilidade do sector naval na ría de Vigo e outra do PSOE para a elaboración dun plan de retención de talento.
Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
photo_camera Parlamento galego (Foto: Nós Diario).

O Parlamento galego instou a Xunta a pedir ao Goberno español a transferencia de fondos europeos para a xestión directa por parte do Executivo galego.

Foi na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo e a pedimento dunha proposición non de lei.

Nel, pídese a transferencia de fondos europeos "para garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos, do mesmo modo que fixeron outros territorios".

Todo iso, co obxectivo, engade, dunha "descentralización dos fondos e da súa xestión e execución e garantir a adxudicación dunha porcentaxe dos fondos superior ao que vén recibindo doutros programas europeos que reparte o Goberno do Estado".

"En base á situación demográfica, ambiental e industrial, entre outras", engade a iniciativa, que recalca que o obxectivo é, ademais, "buscar garantías para que os fondos públicos para a reactivación da economía contribúan a manter o emprego existente nas empresas receptoras".

Outras iniciativas

No pleno, cos votos en contra do PP, rexeitouse unha iniciativa do BNG para demandar á Xunta que se adopten as medidas para garantir a continuidade e estabilidade do sector naval na ría de Vigo e outra do PSOE para a elaboración dun plan de retención de talento.

Comentarios