extrema dereita

Concordia

Á esquerda, o presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, a segunda feira, e á dereita resultados das eleccións municipais en Turquía. (Imaxe: Presidencia de Turquía / DPA / Nós Diario)
star
INTERNACIONAL

Erdogan admite o "punto de inflexión" tras a súa primeira derrota electoral: o CHP avanza incluso nos principais bastións do AKP

O revés electoral recibido pola formación do presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, dificulta unha hipotética reforma constitucional para volver presentarse, mentres que o prokurdo DEM se impuxo en 10 capitais de provincia a pesar da persecución estatal.
O ministro español de Memoria Democrática, A. V. Torres, hoxe. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Agora

O Goberno español levará ao Constitucional as normas contra a memoria histórica de PP e Vox

Ángel Víctor Torres, ministro de Política Territorial e Memoria Democrática do Estado español, confirmou hoxe que encargou un informe xurídico para impugnar no Tribunal Constitucional as medidas contra a memoria histórica que o Partido Popular (PP) e a ultraespañolista Vox están a lanzar en territorios nos que Gobernan conxuntamente, como o País Valencià, Castela e León ou Aragón, onde a lei autonómica ao respecto foi derrogada. 
Colombian president Gustavo Petro speaks during the inauguration ceremony of the International Tourism Showcase 'ANATO' in Corferias, Bogota, Colombia, on February 28, 2024. Photo by: Cristian Bayona/Long Visual Press
INTERNACIONAL

Colombia e a Arxentina pactan a volta de cadanseu responsábel diplomático

Bogotá e Bos Aires tratan de superar a crise creada por Javier Milei.
O presidente da Arxentina, Javier Milei, nunha intervención en febreiro nos Estados Unidos. (Foto: Lev Radin / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

Milei xera tres crises bilaterais á vez que empeora a economía arxentina

Javier Milei, o mandatario de extrema dereita arxentino, desencadea un enfrontamento con Colombia, México e Venezuela, ao tempo que a pobreza se dispara no país a consecuencia das súas políticas.
O novo presidente do Parlamento luso, José Pedro Aguiar-Branco, votando a cuarta feira no Pleno. (Foto: Assembleia da República)
star
INTERNACIONAL

A Assembleia lusa xa ten presidente e anticipa a inestabilidade do novo Goberno

Un pacto PSD-PS acabou coa crise creada 24 horas antes no lexislativo portugués tras a imposibilidade de elixir a Presidencia do Hemiciclo, coa ultradereita do Chega aducindo que asinou un acordo cos conservadores que eles negaron repetidamente. 
Luís Montenegro. (Foto: Reinaldo Rodrigues / Global Im / Europa Press)
INTERNACIONAL

A emigración confirma a vitoria dos conservadores en Portugal cun triunfo do Chega

A formación de extrema dereita faríase coa metade de escanos da diáspora e obtería un total de 50 na Assembleia.
O presidente arxentino de extrema dereita, Javier Milei. (Foto: Annabelle Gordon / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Milei loita para que o lexislativo non acabe coas súas políticas

O Senado refusa máis de 300 medidas
Unha muller vota nunha mesa electoral de Montalegre (Trás-os-Montes), en Portugal, o domingo. (Foto: Cristian Leyva / Europa Press).
star
Análise

Quo Vadis Europa?

Paula Castro é xornalista.
O candidato da AD, o conservador Luís Montenegro, no feche da campaña electoral a pasada sexta feira. (Foto: PSD)
star
INTERNACIONAL

Radiografía electoral: o PSD encamíñase a un Goberno en minoría e marcado pola inestabilidade en Portugal

Á espera dos resultados da emigración, que determinarán o vencedor dos comicios adiantados en Portugal, o conservador Luís Montenegro perfílase como novo primeiro ministro dun Executivo preparado para unha lexislatura curta e pendente de novas eleccións.
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo líderes das principais forzas políticas: Pedro Nuno Santos (PS), Luís Montenegro (AD), André Ventura (Chega), Mariana Mortágua (BE), Paulo Raimundo (CDU) e Rui Rocha (IL). (Foto: Nós Diario)
star
INTERNACIONAL

Portugal elixe o seu futuro coa ultradereita ameazando con ser determinante

As eleccións parlamentarias do domingo en Portugal poden supor a volta da extrema dereita ao Goberno tras ser derrocada na Revolución dos Cravos, que este ano alcanza o seu 50 aniversario.

O ex presidente brasileiro, o ultradereitista Jair Bolsonaro (centro). (Foto: Andre Ribeiro / Europa Press / Contacto)
Agora

Os ex xefes do Exército e das Forzas Aéreas do Brasil acusan Bolsonaro do golpe de Estado

Marco Antonio Freire Gomes, ex comandante do Exército brasileiro, testemuñou ante a Xustiza que o ex presidente de extrema dereita, Jair Bolsonaro, e o ex ministro de Defensa, Paulo Nogueira, lle presentaron dúas versións dun plan para executar un golpe de Estado e que Bolsonaro se mantivera no poder, revelou a terza feira o xornal O Globo. Carlos de Almeida Baptista, ex xefe das Forzas Aéreas, tamén responsabilizou o ex mandatario.

Alessandra Todde (centro) celebrando o triunfo electoral. (Foto: Fabio Murru / Europa Press / Contacto)
Agora

Os progresistas fanse con Sardeña e dan o primeiro revés electoral á ultradereitista Meloni

“Despois de 75 anos conseguimos rachar este teito de vidro”, destacou hoxe Alessandra Todde, candidata do Movemento 5 Estrelas avalada por forzas progresistas estatais italianas, que por primeira vez se impuxeron nestes comicios, e que se converterá na primeira muller en presidir Sardeña. A alianza gañadora considerou o resultado como unha derrota directa do Goberno de ultradereita de Giorgia Meloni en Roma.

Pedro Nuno Santos, líder e candidato do Partido Socialista luso. (Foto: Nós Diario)
Agora

O PS portugués supera en intención de voto o PSD a tres semanas das eleccións parlamentarias

A sondaxe da empresa Aximage para o Diário de Notícias, o Jornal de Notícias e a radio TSF, divulgada hoxe, coloca o Partido Socialista (PS) con cinco punto de vantaxe sobre a Aliança Democrática (AD), a coalición encabezada polo conservador Partido Social Democrata (PSD), coa ultradereita do Chega en terceira posición, de cara ás eleccións parlamentarias anticipadas que decorrerán o 10 de marzo.

A primeiro ministra italiana, Giorgia Meloni. (Foto: Rodrigo Reyes Marin / ZUMA Press W / DPA)
INTERNACIONAL

Italia aproba o acordo para enviar persoas solicitantes de asilo a Albania

A ONU ordena o Estado español atender un menor migrante abandonado.
Luís Montenegro nun evento electoral o pasado mes de xaneiro. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Montenegro (PSD) recúa e asistirá a todos os debates en Portugal

O candidato intentou limitar a súa presenza
O presidente arxentino, Javier Milei. (Foto: telam / dpa)
INTERNACIONAL

A ultradereita arxentina intenta recuperar a prohibición do aborto

A despenalización supuxo unha redución da mortalidade materna.
Protestas a terza feira contra a 'Lei ómnibus' en Bos Aires. (Foto: Matias Chiofalo / Europa Press)
INTERNACIONAL

A Cámara Baixa arxentina dá o primeiro revés á extrema dereita

A 'Lei ómnibus' non é aceptada polo Congreso.
O presidente dos Azores, José Manuel Bolieiro, gañador dos comicios. (Foto: PSD)
star
INTERNACIONAL

O PSD confía en que a vitoria nos Azores o impulse nos comicios portugueses

Os resultados das votacións nos Azores dan un impulso ao PSD, pendente aínda do efecto nas enquisas da dimisión do presidente da Madeira por un caso de corrupción, e obrígano a buscar un socio se aspira a un Goberno con maioría absoluta no arquipélago.
Nayib Bukele nunha intervención durante a xornada electoral. (Foto: Alexander Peña / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Bukele imponse nos comicios do Salvador entre irregularidades

Problemas no escrutinio das lexislativas.