A Cámara Baixa arxentina dá o primeiro revés á extrema dereita

A 'Lei ómnibus' non é aceptada polo Congreso.
Protestas a terza feira contra a 'Lei ómnibus' en Bos Aires. (Foto: Matias Chiofalo / Europa Press)
photo_camera Protestas a terza feira contra a 'Lei ómnibus' en Bos Aires. (Foto: Matias Chiofalo / Europa Press)

O Executivo arxentino que lidera o ultradereitista Javier Milei sinalou hoxe que está a analizar a posibilidade de convocar un referendo para intentar aprobar as reformas contidas na ‘Lei ómnibus’, que consolida as privatizacións ou declara un estado de emerxencia que permitiría ao mandatario asumir competencias do lexislativo.

Pouco antes, Milei definiu como “delincuentes” as e os lexisladores que impediron na Cámara de Deputados a aprobación da norma, e publicou unha lista cos seus nomes como “inimigos dunha mellor Arxentina”.

Esta foi a súa resposta á negativa dunha parte significativa das e dos representantes das forzas conservadoras a dar luz verde ao proxecto, cuxo ditame xa fora aprobado. Os choques entre os conservadores e a extrema dereita arredor de puntos como as privatizacións ou o aumento das penas relacionadas coas protestas levaron a que A Liberdade Avanza, a formación de Milei, retirara o texto, polo que a súa tramitación parlamentaria terá que comezar de novo nas comisións da Cámara Baixa.

Comentarios