Italia aproba o acordo para enviar persoas solicitantes de asilo a Albania

A ONU ordena o Estado español atender un menor migrante abandonado.
A primeiro ministra italiana, Giorgia Meloni. (Foto: Rodrigo Reyes Marin / ZUMA Press W / DPA)
photo_camera A primeiro ministra italiana, Giorgia Meloni. (Foto: Rodrigo Reyes Marin / ZUMA Press W / DPA)

O Senado italiano aprobou hoxe de forma definitiva o pacto con Albania para enviar a este último país persoas que soliciten asilo en Italia, impulsado polo Goberno de extrema dereita en Roma e apoiado pola Unión Europea (UE), que está a tramitar unha lexislación que consolida a aposta por externalizar a xestión da migración dirixida ao bloque comunitario.

O entendemento implica a construción de dous centros de detención de migrantes aos que se destinarían 3.000 persoas ao mes rescatadas no mar Mediterráneo, e que de ser rexeitada a súa solicitude de asilo en Italia serían expulsadas desde Albania.

“A realidade e que o acordo será usado para eludir as leis nacionais, internacionais e da UE” con “consecuencias devastadoras para as persoas que buscan asilo”, susceptíbeis de padecer “detención prolongada e outras violacións de dereitos”, fóra do radar da Xustiza de Roma, explicou Elisa De Pieri, investigadora de Amnistía Internacional.

Ilegal mais apoiado pola UE

Ao tempo, salientou que a Comisión Europea ratificou que a lexislación de asilo comunitaria non pode aplicarse fóra da UE, a pesar do que a súa presidenta, Ursula von der Leyen, defendeu a legalidade do acordo italo-albanés.

O proxecto fica pendente da aprobación no Parlamento de Albania, no que o Partido Socialista do primeiro ministro Edi Rama é a forza maioritaria, após validar a Xustiza de Tirana o acordo logo de suspendelo en primeira instancia.

A ONU ordena a Madrid que se encargue dun menor migrante

Asemade, a Organización das Nacións Unidas (ONU) instou de forma urxente o Estado español a levar a un centro de acollida un menor de idade de Gambia que estivo abandonado catro días nas rúas de Madrid tras ser tratado como un adulto e ignorada a súa documentación.

Comentarios