Milei loita para que o lexislativo non acabe coas súas políticas

O Senado refusa máis de 300 medidas
O presidente arxentino de extrema dereita, Javier Milei. (Foto: Annabelle Gordon / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente arxentino de extrema dereita, Javier Milei. (Foto: Annabelle Gordon / Europa Press / Contacto)

O Goberno da Arxentina, liderado polo ultradereitista Javier Milei, reuniuse a sexta feira con representantes da conservadora Proposta Republicana (PRO), canda a forza do presidente, A Liberdade Avanza, os únicos apoios parlamentarios que ten asegurados, para abordar a estratexia de cara á votación na Cámara de Deputados do decreto de necesidade e urxencia, unha batería de máis de 300 reformas para desregularizar a economía que implica un recorte dos dereitos das traballadoras e traballadores.

A xuntanza produciuse despois de que horas antes o Senado votara en contra do decreto executado por Milei, rexeitándoo cunha maioría de 42 asentos, con 25 apoios para a norma e catro abstencións. Se a Cámara Baixa tamén rexeita o decreto, actualmente en vigor, quedaría derrogado.

A votación tamén reflectiu o enfrontamento entre o mandatario e a vicepresidenta, Victoria Villarruel, que preside a Cámara Alta e activou a votación ao respecto cando todo indicaba que non obtería o apoio maioritario das senadoras e senadores arxentinos.

Comentarios