Bukele imponse nos comicios do Salvador entre irregularidades

Problemas no escrutinio das lexislativas.
Nayib Bukele nunha intervención durante a xornada electoral. (Foto: Alexander Peña / Europa Press / Contacto)
photo_camera Nayib Bukele nunha intervención durante a xornada electoral. (Foto: Alexander Peña / Europa Press / Contacto)

A Oficina en Washington para Asuntos Latinoamericanos, unha entidade en defensa dos dereitos humanos, cuestionou hoxe a “falta de certeza e fallos técnicos na transmisión de resultados electorais oficiais” no Salvador.

Con 70,25% das actas escrutadas nos comicios presidenciais que decorreron o domingo, o actual presidente, o ultradereitista Nayib Bukele, fíxose con 83% dos sufraxios, por diante da progresista Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional, con 7%, e a conservadora Alianza Republicana Nacionalista, con 6%.

Durante as primeiras horas do reconto o portal gobernamental que recollía os datos padeceu unha caída, ao tempo, o Tribunal Supremo Electoral admitiu problemas na transmisión dos resultados, instando a efectuar o escrutinio por medio de actas manuais.

Amais, as e os cidadáns escollidos para conformar as Xuntas Receptoras de Votos denunciaron que no tocante ás eleccións lexislativas duplícanse ou triplícanse os rexistros de votos da formación do presidente, Novas Ideas, ao ser introducidos.

Comentarios