Colombia e a Arxentina pactan a volta de cadanseu responsábel diplomático

Bogotá e Bos Aires tratan de superar a crise creada por Javier Milei.
Colombian president Gustavo Petro speaks during the inauguration ceremony of the International Tourism Showcase 'ANATO' in Corferias, Bogota, Colombia, on February 28, 2024. Photo by: Cristian Bayona/Long Visual Press
photo_camera Gustavo Petro. (Foto: Cristian Bayon/ Europa Press / Contacto)

“Os respectivos Gobernos deron pasos concretos para superar calquera diferenza e afianzar” as relacións bilaterais, polo que o Executivo de Colombia indicou ao embaixador Camilo Romero que volva a Bos Aires e aprobou a designación do novo embaixador en Bogotá proposto pola Arxentina, ao tempo, a titular arxentina de Exteriores, Diana Mondino, visitará o territorio colombiano, anunciaron na madrugada da segunda feira ambos os dous Estados para tratar de salvar a crise diplomática creada a pasada semana pola mandatario de ultradereita no país austral, Javier Milei, que cualificou de “asasino terrorista” o líder colombiano, o progresista Gustavo Petro.

No comunicado, inciden que en que a poboación emigrada ao outro Estado é o “soporte principal” desa relación, aludindo a que en poucos días se fará o 201 aniversario do comezo dos lazos bilaterais.

Após a publicación das palabras de Milei, Colombia resolveu expulsar representantes diplomáticos arxentinos en Bogotá, e Petro acusouno de buscar “destruír o proxecto da integración latinoamericana” mentres o “pobo arxentino sofre e a pobreza aumenta”.

México

Pola súa parte, o presidente mexicano, Andrés Manuel López Obrador, definido como “ignorante” por Milei, apuntou que acertou posto que non entende como “os arxentinos, sendo tan intelixentes”, votaron por el.

Decreto neoliberal

En paralelo, o ultradereitista loita para evitar que o lexislativo tombe unha das súas medidas principais, o decreto para impulsar o neoliberalismo que reduce dereitos laborais, cando as forzas progresistas negocian a vintena de apoios que precisan para derrogar a medida na Cámara Baixa. O Senado xa rexeitou a proposta, que seguirá en vigor até as dúas Cámaras voten negativamente.

Comentarios