eleccións municipais

Paula Prado presidiu esta cuarta feira a reunión do comité de campaña. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PP quere "maiorías absolutas" o 28-M fronte a "perdedores"

O lema para as municipais é 'Galicia entre todos'.
Integrantes da lista do BNG en Vigo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG de Vigo presenta unha candidatura "plural, diversa e comprometida"

Xabier Pérez Igrexas volve encabezar a lista nacionalista na cidade olívica.
Maite Ferreiro (BNG) e José Tomé (PSdeG), vicepresidenta e presidente da Deputación de Lugo (Foto: Europa Press).
star
POLÍTICA

PSOE e BNG saen con vantaxe na batalla por gobernar a Deputación de Lugo

A batalla polo Goberno da Deputación de Lugo está sendo dura. A falta de dous meses para que decorran os comicios municipais, as sondaxes apuntan a un Goberno entre socialistas e nacionalistas. Porén, fica moito partido por diante.
José Miñones (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Miñones critica o discurso de "confrontación co Goberno central" de Rueda

Cuestionado sobre quen será o candidato do PSdeG nas autonómicas, o delegado do Goberno do Estado na Galiza insistiu en que o partido está centrado nas municipais e defendeu que o secretario xeral, Valentín González Formoso, está "envorcado coa Galiza" e conta coa súa confianza.
Valentín González Formoso, acompañado do Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, nun acto de apoio ao candidato socialista á Alcaldía da Estrada, Luis López Bueno.
POLÍTICA

Formoso reivindica ao PSOE como o partido "que busca o ben para a xente" e non "o da xente de ben"

Marlaska reivindica "os baluartes" das políticas socialistas que conxugan, "liberdade, igualdade e xustiza social".
Alberto Núñez Feixoo, presidente do Partido Popular, e Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galiza, no acto de presentación dos candidatos do PP ás eleccións municipais.
POLÍTICA

O PPdeG inicia a carreira para as eleccións municipais con vistas nas estatais

Feixoo defende na presentación dos 313 candidatos populares ás eleccións locais que "Galiza non sería o mesmo sen este PPdeG".

Ana Pontón e Tono Chouciño (no centro) esta quinta feira na presentación (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG de Culleredo presenta Tono Chouciño como o seu candidato á Alcaldía

No acto de presentación estivo presente a portavoz nacional da organización nacionalista, Ana Pontón que destacou de Chouciño a súa “tenacidade na defensa dos intereses da veciñanza dun concello que coñece como a palma da man”.

O alcalde do Páramo, José Luís López. (Foto: Concello do Páramo)
POLÍTICA

O PP do Páramo 'absorbe' o partido que lle gañara as eleccións en 2019

"É o mellor para O Páramo, os proxectos que teño en mente facían imposíbel que se puidesen facer como independentes", xustifica o alcalde independente do municipio, que repetirá como candidato este ano, mais co PP.
Xavier Rodríguez, Manuela R. Pumar, Ana Pontńo e Iago Pereira na presentación das candidaturas ás Alcaldías do Val Miñor. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG prognostica un "resultado histórico" no Val Miñor

Ana Pontón asistiu hoxe á presentación da candidata e dos candidatos ás Alcaldías dos Concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona. 
Pleno no que a oposición reprobou a actitude de Novo, en febreiro de 2021. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
POLÍTICA

María Jesús Novo será a candidata do PP en Boimorto tras ser expulsada por coarse para a vacina da Covid

Rueda afirma que vai "respectar" unha decisión que atribúe ao PP da Coruña, liderado por Diego Calvo.
No centro, Diego Calvo, no acto en que non se convidou Lores. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

Polémica na Cámara polo uso "electoralista" de actos da Xunta

Críticas ao Goberno galego por "promover candidatos" do PP.
Nava Castro e Rafa Martínez. (Foto: PP)
POLÍTICA

Da lavadora á política: o cantante d'O Caimán do Río Tea ficha polo PP de Ponteareas

Rafa Martínez será o número dous da candidatura que encabeza Nava Castro.
formoso
POLÍTICA

Formoso marca como obxectivo das municipais “gobernar a maioría da sociedade galega dende os concellos”

O secretario xeral do PSdeG presidiu a primeira reunión para a elaboración da Ponencia Marco que servirá para “definir o esencial do que vai a ser o partido no ámbito das municipais”.

bng consello nacional
POLÍTICA

Pontón di que o BNG conta co "dream team" dos concellos para "mellorar a vida das persoas"

O BNG propón un Fondo de rescate hipotecario sufragado pola banca para axudar ás familias afectadas pola subida de xuros hipotecarios.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Formoso resta importancia á crise do PSOE en Ferrol e Santiago e cre que non influirá nas eleccións de maio

Os gobernos socialistas de ambas as cidades sufriron senllas dimisións nos últimos días que poñen contra as cordas a súa continuidade após os próximos comicios.
Fernando Mayo retirou a súa candidatura nun proceso interno do que saíu elixido Borja Verea. (Foto: PP)
POLÍTICA

Fernando Mayo, candidato de Vox á Alcaldía de Santiago tras presentarse ás primarias do PP

Retirouse do proceso interno do que saíu gañador Borja Verea, que encabezará a lista popular.
ef
Entrevista

Evencio Ferrero, alcalde de Carballo: "Transformamos o municipio e queremos seguir a facelo"

A Asemblea Local do BNG de Carballo elixiu Evencio Ferrero (Carballo, 1955) para optar como candidato nacionalista a un sexto mandato. Un "reto", en palabras do propio alcalde, que incide en que mantén que 20 anos como rexedor non minguaron "a ilusión" e as ganas de "traballar" por Carballo.

Unha das casas en que se realizaron os empadroamentos de Castrelo de Miño denunciados pola oposición. (Foto: PSdeG)
POLÍTICA

A Oficina do Censo ve unha suba de residentes maior da esperada en Castrelo de Miño

O BNG e o PSdeG alertan dunha alteración deliberada para as eleccións.
POLÍTICA

O PP queda illado coa súa proposta de que goberne a lista máis votada

A estratexia de Feixoo fracasa ao ser desautorizada por Díaz Ayuso.
Á esquerda, David Pita, secretario xeral do PSOE de Narón; á dereita, Jorge Ulla, candidato á Alcaldía, canda Valentín González Formoso, líder da formación a nivel da Galiza. (Fotos: PSdeG)
POLÍTICA

Socialistas de Narón acusan a dirección do PSdeG de "impor" o candidato á Alcaldía como "castigo"

O líder local da formación ve na supresión das primarias no municipio unha represalia por apoiar Gonzalo Caballero como secretario xeral na Galiza.