Día das Letras Galegas

Del Riego e Ricardo Carvalho Calero, con uniforme militar, paseando pola Alameda de Compostela en 1932 (Imaxe: Arquivo Antón Mascato)
star
Reportaxes

Soñando porvires para a Galiza: sobre a correspondencia entre Del Riego e Carvalho Calero

Hai sesenta anos, Francisco Fernández del Riego propuxo á Academia a celebración do Día das Letras Galegas. Daquela el tiña 50 anos de vida. Había máis de vinte que soñara con reorganizar o Partido Galeguista e estaba pronto a formar parte do Partido Socialista Galego, no que militou até 1978. Autor e receptor dunha inxente correspondencia coas personalidades máis sobranceiras do seu tempo, é a través deses epistolarios como mellor podemos coñecer o autor e o período por el vivido, ou  -quen sabe- simplemente soñado.
Del Riego, no seu despacho da Fundación Penzol, coa máquina de escribir que utilizou para redactar milleiros de páxinas de artigos e de libros (Imaxe: Xan Carballa e Gustavo Luca)
star
Entrevistas

Francisco Fernández del Riego: "Queimamos as nosas vidas en defender a cultura do país"

Sempre colaborador, disposto á conversa sen temas vedados, entrevistamos Francisco Fernández del Riego en diferentes ocasións e mantivemos contacto habitual na Biblioteca Penzol, onde foron todas elas realizadas. Neste texto pódese ler a combinación de encontros que decorreron nos anos 1988, 2002 e 2007, publicados integramente en A Nosa Terra e El País.
Francisco del Riego paseando pola praia de Panxón (Nigrán), en 1988 (Imaxe: Arquivo Antón Mascato)
star
Reportaxes

Del Riego na Editorial Galaxia: construír un universo galeguista a través da cultura

O 25 de xullo de 1950, celebrábase, nos baixos do Hotel Compostela en Santiago, a asemblea fundacional da Editorial Galaxia. Dos pasos previos, con Francisco Fernández del Riego desenvolvendo un papel fundamental, na procura de subscricións para o proxecto, e da creación de Grial e das distintas coleccións escribe Malores Villanueva, que afonda no incansábel labor en Galaxia do homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Del Riego, no despacho de avogados de Valentín Paz-Andrade, após a súa chegada a Vigo, en 1940 (Imaxe: Arquivo Antón Mascato)
star
Reportaxes

Del Riego, o exilio interior: a etapa que abrangue de 1939 a 1963

A chegada de Francisco Fernández del Riego a Vigo, marcada polo encarceramento de Valentín Paz-Andrade, é o punto de partida do artigo de Antón Mascato, que se somerxe na reorganización do galeguismo a principios dos anos corenta e nas diferenzas entre os galeguistas "do interior" e os que permanecían no exilio.
Un instante do programa 'Galicia por Diante' da Radio Galega (Foto: CRTVG).
LINGUA

'Galegofobia' na CRTVG: os comentarios contra o galego de dous tertulianos da Radio Galega

Non todo foi celebración e reivindicación este Día das Letras Galegas. No faladoiro da mañá da Radio Galega, no programa 'Galicia por Diante', dous dos participantes cuestionaron a "utilidade" da lingua galega e criticaron a súa "imposición".

Referentes e futuro

O pleno extraordinario do 17 de maio da Real Academia Galega decorreu no centro Ponte de Cuñas de Lourenzá. (Foto: RAG)
star
Día das Letras Galegas

Lourenzá centra un Día das Letras Galegas celebrado por toda a xeografía do país

A Real Academia Galega realizou esta cuarta feira o pleno extraordinario co gallo do Día das Letras Galegas en Lourenzá (A Mariña), localidade natal do seu protagonista, Francisco Fernández del Riego (1913-2010), o impulsor desta celebración que, ademais, facía 60 anos.
Acto convocado na Casa de Rosalía este 17 de maio.
Agora

A Casa de Rosalía presenta o número monográfico de 'Follas Novas' dedicado a Murguía

A Casa-Museo de Rosalía de Castro sumouse neste 17 de maio ás celebracións polo Día das Letras Galegas. A sede da fundación acolleu un concerto do saxofonista Pablo Castaño co guitarrista brasileiro Iván Vilela, a quen se lles sumou a cantora Felisa Segade, ademais de presentar o sétimo número da revista Follas Novas, dedicado á figura de Manuel Murguía.
Mobilización convocada por Queremos Galego na Coruña . (Foto: Nós Diario)
Día das Letras Galegas

Queremos Galego enche as rúas da Galiza nun 17-M marcado pola campaña electoral

Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Monforte e Foz acolleron as mobilizacións deste Día das Letras Galegas.
Libro da materia de Lingua galega e literatura.
Día das Letras Galegas

O Bierzo "non está para celebracións" este 17 de maio pola "inxustificada negativa" a introducir o galego nun instituto

Héctor Silveiro, membro correspondente polo Bierzo da RAG, denuncia a posición "insensíbel e fría" da Administración educativa de Castela e León en relación coas reiteradas peticións das familias de alumnado que estudou a materia de Lingua galega na escola e que quere continuar por esta vía no IES Fuentesnuevas de Ponferrada, mais non pode.
Carnés de socio do Celta de Francisco Fernández del Riego.
Agora

Francisco Fernández del Riego, un celtista máis

"Un celtista nunca se rende. Fernández del Riego: a voz dos que non teñen voz, o que nunca se rendeu". Con estas palabras rescata hoxe da hemeroteca o Real Club Celta dous carnés de socio que pertenceron, hai xa máis de medio século, ao autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, quen, polo que se pode ver neses mesmos documentos, adoitaba sentar na bancada de Tribuna Cuberta para animar o equipo celeste.
Chío do candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas (Foto: Nós Diario).
Día das Letras Galegas

O candidato do PP á Alcaldía de Ourense felicita o Día das Letras Galegas... en español

O que fora rexedor da cidade das Burgas decidiu usar o español no día en que se celebra a lingua propia da Galiza, algo que suscitou múltiples críticas por parte de persoas usuarias de Twitter.
Complexo escultórico a Rosalía de Castro no paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago de Compostela. (Foto: José Luis Cernadas Iglesias)
star
Análise

As letras de todas

Mario Regueira é escritor e crítico literario.
Ana Pontón (Foto: Nós Diario).
Día das Letras Galegas

Pontón carga contra a política "lingüicida" do PP neste 17 de maio

Hoxe, 17 de maio, indican desde o Bloque, é un día para “denunciar e reivindicar” porque “ao longo de 14 anos, temos un goberno do Partido popular dedicado a traballar en contra do galego e de Galiza”.
Manifestación de Queremos Galego en Santiago de Compostela (Foto: Arxina).
Día das Letras Galegas

'En galego, aquí e agora'. Galiza sae á rúa en defensa da súa lingua propia

"A situación de emerxencia lingüística non permite esperar outros 40 anos a que as institucións se dignen a cumprir as súas obrigas", advirte Queremos Galego.
Os nenos e nenas, como é o caso do Galego de Volei, acaparan o foco na maioría dos torneos e probas da xornada. (Foto: FGV)
DEPORTES

O deporte toma as rúas polo Día das Letras

O deporte quere sumarse ás celebracións deste Día das Letras Galegas que ten como protagonista Francisco Fernández Del Riego, un home que dirixiu un semanario deportivo na cidade olívica, con multitude de eventos que teñen en común o seu carácter festivo e un importante peso das crianzas e do deporte de base.

En galego, todos os días

Manifestación de Queremos Galego en Compostela hai hoxe un ano. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
star
LINGUA

A situación da lingua galega: aumenta o apoio social, mais perde falantes

Coa aprobación da Lei de normalización lingüística a piques de facer 40 anos, a perda de falantes acentúase na infancia.
Caricatura de Del Riego (Foto: Xoán Andrade).
Día das Letras Galegas

Entrevista inédita con Del Riego: "Recorreuse á actividade cultural, que tamén é unha forma política de actuar"

Con motivo do Día das Letras Galegas, que se lle dedican este ano, precisamente, ao seu impulsor, Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010), publicamos unha entrevista inédita co homenaxeado, realizada na Fundación Penzol, en Vigo, no ano 2006.

Del Riego, no seu despacho da Fundación Penzol, coa máquina de escribir que utilizou para redactar milleiros de páxinas de artigos e de libros (Imaxe: Xan Carballa e Gustavo Luca)
CULTURA

A Real Academia Galega celebra en Lourenzá o pleno extraordinario das Letras Galegas

O acto central do Día das Letras Galegas, aberto ao público, terá lugar no centro de usos múltiples Ponte de Cuñas a partir as 12.30 horas. Os académicos Xesús Alonso Montero, Francisco Díaz-Fierros e Margarita Ledo trazarán o retrato do autor e do seu legado.