Día das Letras Galegas

Pontón carga contra a política "lingüicida" do PP neste 17 de maio

Hoxe, 17 de maio, indican desde o Bloque, é un día para “denunciar e reivindicar” porque “ao longo de 14 anos, temos un goberno do Partido popular dedicado a traballar en contra do galego e de Galiza”.
Ana Pontón (Foto: Nós Diario).
photo_camera Ana Pontón (Foto: Nós Diario).

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG reprobou esta cuarta feira, Día das Letras Galegas, a política ‘lingüicida’ do Partido popular, durante 14 anos e recalca o compromiso do BNG para que o galego non sexa discriminado en ningún dos  ámbito da vida.

"Hoxe, Día das Letras Galegas temos que celebrar que contamos cun idioma propio e alegrámonos de pertencer a unha nación cunha lingua e identidade cunha historia e cultura".

Hoxe, 17 de maio, indican desde o Bloque, é un día para “denunciar e reivindicar” porque “ao longo de 14 anos, temos un goberno do Partido popular dedicado a traballar en contra do galego e de Galiza”.

Os datos demostran claramente a "política lingüicida do PP" cando por primeira vez o galego xa non é a lingua maioritaria de Galiza, con 24% de menores de 14 que afirman, non saber falar en galego e “constatamos como o galego continúa excluído de moitos ámbitos da vida”.

Hoxe, reiterou Pontón “reivindicamos que as persoas que falamos galego temos dereito a que non nos discriminen no noso país e lembrar a obriga das administracións públicas de defender ese dereito”.

lamentabelmente, o Partido popular converteuse "nun terminator" para a lingua galega e hoxe comprabamos como miles de galegos e galegas dicimos alto e claro que "non queremos que o Partido popular nos roube a nosa lingua".

“Roubar dereitos”

A política do PP persiste en “roubarlle o dereito ás persoas máis novas a coñecer e usar a nosa lingua” e desde o BNG, apostamos por un uso do galego normalizado e para iso é urxente "derrogar a falacia do decreto do plurilinguismo" que resulta "un timo" e o que busca é unha maior presenza do castelán.

“Precisamos que o galego teña presenza en todas partes e dende o BNG estamos comprometidos para que Galiza teña o seu idioma e a súa identidade como unha fortaleza”, acrecentou Pontón.

Comentarios