“Feliz Día das Letras Galegas! Este año la celebración de nuestra cultura llega a su 60º edición y la Real Academia Galega le rinde homenaje al traductor, novelista, historiador, periodista, ensayista y editor Francisco Fernández del Riego”.
Feliz Día das Letras Galegas! Este año la celebración de nuestra cultura llega a su 60º edición y la Real Academia Galega (@AcademiaGalega) le rinde homenaje al traductor, novelista, historiador, periodista, ensayista y editor Francisco Fernández del Riego. pic.twitter.com/9PxAk1KX3f
— Manuel Cabezas Enríquez (@manuelcabezasou) May 17, 2023
Esta foi a mensaxe que o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, publicou na súa conta da rede social Twitter por mor do Día das Letras Galegas.
O que fora rexedor da cidade das Burgas decidiu usar o español no día en que se celebra a lingua propia da Galiza, algo que suscitou múltiples críticas por parte de persoas usuarias de Twitter.
28-M
Noutra orde de cuestións, de cara ás eleccións do vindeiro 28 de maio (28-M), Cabezas asegurou que “xamais” pactará co actual alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Xácome.
O ex rexedor e aspirante dos populares na cidade ourensá saíu ao paso para desmarcarse da postura expresada por Baltar nunha entrevista na Cadena Ser na cal non descartou a posibilidade de repetir tras as municipais do 28 de maio un pacto con Xácome similar ao de hai catro anos.
Cabezas, alcalde de Ourense entre 1995 e 2007, resaltou que "en ningún caso" nin el nin o grupo municipal do PP que resulte das eleccións "reeditará o pacto deste último mandato con Democracia Ourensá".