A cultura galega volve do exilio

Xesús Bal e Gay.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Xesús Bal e Gay

Que riqueza perde un país co exilio dos seus criadores? Esta pode ser unha das preguntas que nos deixa o prolongado exilio mexicano do músico e intelectual lugués Xesús Bal e Gay. O seu arco existencial vai desde o polemista sobre as formas artísticas do teatro e o ballet promovido polo galeguismo, até o reputado paleógrafo musical, obrigado pola ditadura a construír a súa vida madura en México, antes de regresar a Madrid, apenas xa sen poder incidir na vida artística e intelectual. Bal e Gay é reivindicado por todos e desperta curiosidade porque aparece nos dous mundos culturais, o galego dos anos 20 e 30, onde se pode seguir a súa pegada e despois o español xa instalado en Madrid e máis tarde en México. A súa peripecia vital deixou un ronsel documental que permanece vivo e custodiado na Residencia de Estudantes en Madrid.
Ernesto Guerra de Cal.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Ernesto Guerra da Cal

Talvez non sexa un persoeiro moi coñecido, pois durante a meirande parte da súa vida morou no exilio, en EE.UU. Ernesto, en realidade, apelidábase Pérez Güerra. O segundo apelido procedía de Austria, xa que un enxeñeiro desa nacionalidade traballara na construción do camiño de ferro, entre Ponferrada e Monforte, e casara a finais do século XIX cunha quiroguesa. Ernesto nacería en Ferrol o 19 de decembro de 1911, mais pasou a súa infancia, por da morte do seu pai, Laureano Pérez, médico e compañeiro de curso de Castelao, en Quiroga.

Maruxa Mallo na feira de arte Arco, en Madrid.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Maruxa Mallo

A Arxentina arribaron cerca de 2600 derrotados na guerra civil de 1936-39, en plena "década ignominiosa" e cun réxime político que fechara as fronteiras á emigración, en especial aos desterrados políticos e aos xudeus. Nestas circunstancias desembarcou Maruxa Mallo en Bos Aires. Nacera en Viveiro en 1902 e pasara nesa vila parte da súa infancia, até que se vai a outras cidades e por fin se instala en Madrid en 1922, onde estuda Belas Artes. Alí coñece a Moreno Villa, Miguel Hernández, ao grupo da Residencia de Estudantes, así como a Concha Méndez, Margarita Manso e ás outras integrantes das ‘Sin Sombrero’. Tamén a Pablo Neruda e Gabriela Mistral.
Mariví Villaverde, na illa de San Simón, no Ano da Memoria, 2006.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Mariví Villaverde

Mariví Villaverde deixounos a súa memoria en Tres tempos e a esperanza, cunha escrita entrañábel transmite a alegría da súa infancia na Vilagarcía republicana e a perturbación cando, a partir de xullo de 1936, se ve obrigada a crecer á forza. Coa nai, Rosina Otero, coa irmá e co irmán foxe a Francia, onde agarda o pai: Elpidio Villaverde, deputado de Izquierda Republicana. En 1939 exílianse en Bos Aires. Volve á Galiza en 1944 para casar con Ramón de Valenzuela, en liberdade condicional, a quen coñecera en Francia. En 1949 marchan a Bos Aires, teñen dous fillos e intégranse na Galiza da diáspora. No regreso é voz da memoria, elo que nos une á dignidade do exilio e á Galiza republicana.
Suárez Picallo dando un discurso en Bos Aires. (Foto: Cedida por R. Tenreiro)
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Suárez Picallo

“Desterrado”, es la expresión, de desconsuelo, de angustia y de amargura, que gravita hoy sobre miles de almas […]. Ni la hospitalidad, ni el afecto, ni la estimación, ni el pan, ni el vino ofrecidos sobre la mesa extendida, tienen fuerza bastante para hacerles olvidar su triste condición de desterrados; es decir, de apartados de su propia tierra, de su hogar y del camposanto donde reposan sus muertos queridos.

Con estas palabras, Ramón Suárez Picallo sintetizaba a realidade dramática do exilio. Coñecedor de primeira man da dobre epopea galega da emigración e do desterro, identificaba a súa propia traxedia coa das persoas desprazadas ao longo do mundo.

Tobío, na súa casa na rúa Bonetero en Madrid, ao redor de 1986. (Foto: Xan Carballa)
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Lois Tobío

Na discreta despedida a Lois Tobío en Madrid por mor do falecemento, Isaac Díaz Pardo volveu dicir: Lois Tobío é a figura política máis importante do século XX despois de Castelao.

Foi Tobío fundador do Seminario de Estudos Galegos, estudante de dereito e bolseiro en Alemaña, membro activo do Partido Galeguista, do grupo redactor do Anteproyeito do Estatuto da Galiza, diplomático e leal e contumaz republicano. No seu exilio no Uruguai forma unha familia con María del Carmen Soler e segue a ser o diplomático que idea o Consello de Galiza, media no Congreso da Emigración, edita a Historia de Galiza e dálle universalidade á lingua, sempre na construción da casa común.

Carné acreditativo de Rafael Dieste como director da revista Nova Galiza en substitución de Castelao.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Rafael Dieste

Nunha carta de Seoane a Paz Andrade, datada en Bos Aires o 10 de agosto de 1961, comunicáballe, con suma cautela, o posible regreso de Rafael Dieste e Carmen Muñoz do exilio:

“[...] Carmen e Rafael Dieste van camiño de esa para quedarse en Galicia durante algún tempo, no barco “Aragón” da Mala Real Inglesa, que chegará a Vigo o 21 deste mes. Non sabedes canto nos doe esta ausencia de Dieste a os tres ou catro que aquí ficamos. Para nós foi sempre, con Castelao, a máis outa figura galega en América, unha das máis dignas e recatadas, e cuio xuicio estimamos como dos máis fondos. Para todos nós é unha door ista ausencia de Dieste, no noso caso particular de Maruja e meu, separámonos, pol-o seu regreso, duns amigos entrañábeles cando máis falla fan os amigos, cando nos sentimos máis soios.”

Carlos Velo.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Carlos Velo

A figura de Carlos Velo (Cartelle, 1909-Cidade de México, 1988) asoma poliédrica. Frustrado pola Guerra Civil en canto ao cineasta que tería desenvolto un país de imaxes normalizadas, como anticipou en 1936 no maxistral documental Galicia, propuxo en 1956 un Centro Cinematográfico Galego, e xa en 1985 deseñou o que nomeou Centro de Capacitación, Produción e Arquivos da Imaxe, igualmente frustrados. Mestre de cineastas en México, autor do docudrama referencial, Torero! (1956) e máis da ficción Pedro Páramo (1966), presidiu desde 1961 a  Delegación do Consello de Galiza, e en 1962, desde a revista Vieiros escribiu a Carta ó Fato Brais Pinto, o xermolo simbólico que, dous anos despois, daría na  creación da Unión do Povo Galego (UPG).
Luísa Viqueira foi un exemplo de dignidade na defensa da liberdade e dos dereitos humanos. (Ilustración: Marta Paz)
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Luísa Viqueira

A figura desse profundo ilustrado e humanista que foi Johán Vicente Viqueira fascina. O filósofo bergondês, um homem esquisito e criativo como poucos, soube ver e expressar a mística da galeguidade, essa alma galega composta do lirismo da saudade e do sentimento panteísta da terra.

Apesar da sua breve existência, foi capaz alcançar intelectual e espiritualmente o cerne galego, convertido também nas palavras da nossa língua. E soube ver a necessidade de que os galegos aprimorássemos a nossa condicição, passando de sermos arrabalde a sermos centro. Daí o seu sugestivo galeguismo republicano, laico e progressista, no que o Além-Minho estava presente.

Uma figura desta natureza levou a este articulista a querer conhecer todo o possível acerca da sua obra e circunstância, também a familiar. Sabia-se do seu matrimónio com a extremenha Jacinta Landa. Mas o que lhe tinha sucedido à súa família?

Por pescudas documentais descobri que tinha morto no México. Soube da existência dos filhos e netos, residentes naquelas terras norte-americanas. Escrevi ao correio de um deles, do professor universitário Manuel Rodríguez Viqueira. A partir desse contacto e com outros posteriores tive dados da família e nomeadamente de Luísa Viqueira. Achei muito interessante todo o que me contou do exílio dos galegos no México.

Propus então à Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Crunha que lhe fosse entregado o prémio de “Republicana de Honra”. Era um jeito de homenagear essa extraordinária familia de intelectuais e de pessoas progressistas e à vez a todo o exílio galego. A proposta foi aceite com entusiasmo.

A partir desse momento a biografia de Luísa Viqueira começou a ser conhecida pela cidadania galega.

Retrato de Amparo López Jean.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Amparo López Jean

Rita Amparo López Jean naceu en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885. Era filla de Adela Cruz Ramona Jean Toca e de Sabino María López Núñez. Os pais casaran o 14 de febreiro de 1880 en Vilaboa. Adela, natural de Pamplona, que se formara como mestra en Cuba, a onde marchara de nena acompañando o seu pai, militar de profesión, era nese momento viúva, e exercía na escola de nenas de Vilaboa dende febreiro de 1875. O seu proxenitor, tamén viúvo da súa primeira esposa, Concepción Marzoa, coa que tivera, polo menos, tres fillos (José, Filomena e Juana), foi concelleiro en Culleredo, secretario dese Concello durante moitos anos e, posteriormente, do de Oza. Ademais, tiña diversos negocios, levou a administración de lotarías de Culleredo e posuía numerosos predios. Faleceu o 7 de marzo de 1899 e está soterrado no cemiterio parroquial de Vilaboa.
Ramón de Valenzuela.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Ramón de Valenzuela

Damos la más fervorosa bienvenida a tan valioso elemento de la juventud gallega que lleva “na fronte una estrela e no bico un cantar” y nos felicitamos por el valioso aporte de su fervor galleguista y de su inteligencia a nuestro colectivo. No mes de novembro de 1949 Opinión Gallega de Bos Aires saúda a chegada de Ramón de Valenzuela. En decembro apareceu outro saúdo en A Nosa Terra. O Valenzuela que chega á Arxentina en agosto de 1949 xa non é o mozo destemido e esperanzado que se pasou ao exército republicano o 10 de decembro de 1937. Ten unha nova bagaxe política e ideolóxica produto da guerra, do breve exilio francés e dos anos vividos na prisión e na ditadura.
Arturo Souto, 'os berros dun pintor social'.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Arturo Souto

Nos momentos máis crueis da humanidade, a arte adiantouse sempre ás circunstancias da vida mandando sinais de atención, anticipando coas súas creacións o pesadelo do inminente futuro. Cando a realidade non tardou en darlles a razón, foron tamén os propios artistas os encargados de recoller o testemuño directo do horror. Durante a ditadura de Primo de Rivera, distintas asociacións de escritores e artistas plásticos advertiron do perigo de retroceso oficial dominante a través de manifestos e exposicións. Arturo Souto foi dos que viviu o contexto de reivindicación, adheríndose á colectiva consonancia do proxecto republicano. Despois do 36, deixou testemuño da crueldade da contenda cos seus debuxos de guerra, imaxes que reflicten o compromiso que defendeu ata o seu falecemento en 1964 no exilio mexicano.
Retrato realizado a Virxinia durante a estadía en Francia. (Foto: Fondo Otero Pedrayo da Fundación Penzol)
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Virxinia Pereira

O golpe do 36 sorprendeu a estradense en Madrid e empurrouna a un periplo mundial en defensa dos dereitos da Galiza do Estatuto, nunha loita compartida con Castelao, si, pero na que ela tamén cría. Mentres el viviu, ocupouse da intendencia e fíxolle de lazarilla nas crises de cegueira. Tras a súa morte, foi a garante do seu legado artístico e sobre todo do político, a fin de deixar claro que a súa ideoloxía era inequívoca, imposíbel de moldear para que calquera opción poida vindicarse, aínda hoxe, como herdeira. Virxinia Pereira é moito máis que a abnegada enfermeira e esposa de Castelao que pasou —e pouco— á historia. É unha comprometida loitadora antifranquista e polos dereitos da Galiza.
Castelao e Alonso Ríos nunha reunión na Casa de Galicia de Montevideo en 1945.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Alonso Ríos

Unha exiliada ilustre, máis nova que Antón Alonso Ríos, titulou as súas memorias Tres tiempos y una esperanza. O lema de María Victoria Villaverde podía explicar parte da espectacular peripecia de ida e volta do noso personaxe: emigrante, retornado e finalmente exiliado. Tres tempos marcados pola penuria económica e a obriga de emigrar a América, o regreso esperanzado ao país para transformalo desde a acción política, a brutalidade da represión da que sae asombrosamente indemne, e o exilio definitivo. E batendo sempre en Alonso Ríos, o home da cara bondadosa, un corazón incesante de esperanza na redención e no progreso libre de Galicia.
Albert Camus e María Casares.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: María Casares

Sabes quen foi María Casares? Oíches algunha vez falar dunha nena da Coruña que parte para o exilio francés en 1936, a piques de facer os catorce, e que, cinco anos despois, triunfa nos teatros parisienses? A mesma que celebrou os cincuenta anos nas táboas en 1992 considerada un monstro da interpretación? E que o titular dun dos máis importantes xornais franceses no día seguinte da súa morte, en novembro de 1996, rezaba “O teatro morreu”? Unha muller única, refuxiada e triunfadora, gran tráxica ao mesmo tempo que rupturista e arriscada, adicta ao traballo, aos procesos interpretativos e aos momentos irrepetibles do teatro. Tamén, protagonista dalgúns dos títulos referenciais do cinema francés. Non volveu a Galicia, non, pero María Casares fai 100 anos e non se nos ocorre mellor maneira de celebralo que falar dela.
Luís Seoane e María Elvira Fernández (Maruxa) en Sargadelos. (Foto: Fundación Luís Seoane)
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Luís Seoane

Luís Seoane preséntasenos como un modelo de intelectual, dun tipo de home de letras e artista fillo dunha concepción da cultura ligada ao compromiso social e político. Formado no galeguismo e no marxismo dos anos trinta e na cultura republicana, Seoane fixo parte do máis salientábel da intelectualidade fiel á República. Máis tarde, desde o exilio na Arxentina, desenvolveu unha inmensa obra, pictórica, literaria, editorial e todo este labor estivo situado “sempre en Galiza”, cerna das súas angueiras culturais e políticas. Seoane é un exemplo de como pode ser conciliada a fidelidade á tradición e o cosmopolitismo. É un creador que en ningún momento renuncia á súa identidade nacional; reivindícaa desde o compromiso coa lingua, coa cultura galega e con todo o traballo que foi feito no exilio para perpetuar a nosa tradición cultural.
Daniel Castelao en Montevideo, en abril de 1943.
star
MEMORIA E HISTORIA

A cultura galega volve do exilio: Castelao

En Galicia algúns dos militares tardaron en sumarse ó golpe militar contra o Goberno da República ata comezos de xullo de 1936. Unha vez que decidiron impoñerse coa forza das armas contra a democracia foron infrutuosos os esforzos da cidadanía na defensa da legalidade republicana. Galicia vai quedar totalmente illada do territorio republicano, agás con Asturias que resistía (de momento) e era arriscado fuxir desa trampa fose por terra ata o autoritario Portugal e colaborador cos golpistas ou fose evadíndose polos camiños do mar. Amais nesta cativa retagarda non houbo guerra e os asasinatos e a represión executada desde o poder foron excesivos de máis pero intencionados desde o principio para impoñer o medo e a adhesión. Galicia entrou no horror, na extorsión e na posguerra á vez. 
Alberto Oubiña, concelleiro de Nomalización Lingüística en Pontevedra. (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Alberto Oubiña: "O traballo do exilio pola lingua non pode quedar esquecido"

Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística en Pontevedra, conversa con 'Nós Diario' a redor do novo coleccionábel deste xornal sobre as voces galegas no exilio, que conta co apoio da súa área. Oubiña pon en valor a contribución de todos os homes e mulleres que "deron a vida pola lingua e a cultura do país".
Chegada de Castelao a La Habana, Cuba, no ano 1938.
Novo coleccionábel

Seoane, Castelao, Maruxa Mallo... As 'voces' galegas no exilio, no novo coleccionábel de 'Nós Diario'

Nós Diario agasallará ás súas lectoras e lectores cun novo coleccionábel que lembrará as persoas que loitaron pola cultura do país desde o exilio. No ano en que se lle dedica ao exiliado Delgado Gurriarán o Día das Letras Galegas, 17 fascículos reivindicarán figuras que mantiveron vivo o facho da cultura nos anos máis escuros.