A cultura galega volve do exilio: Lois Tobío
Na discreta despedida a Lois Tobío en Madrid por mor do falecemento, Isaac Díaz Pardo volveu dicir: Lois Tobío é a figura política máis importante do século XX despois de Castelao.
Foi Tobío fundador do Seminario de Estudos Galegos, estudante de dereito e bolseiro en Alemaña, membro activo do Partido Galeguista, do grupo redactor do Anteproyeito do Estatuto da Galiza, diplomático e leal e contumaz republicano. No seu exilio no Uruguai forma unha familia con María del Carmen Soler e segue a ser o diplomático que idea o Consello de Galiza, media no Congreso da Emigración, edita a Historia de Galiza e dálle universalidade á lingua, sempre na construción da casa común.
Un dos legados fundamentais de Lois Tobío son As décadas de T. L. (1994), unha autobiografía en que nos ofrece como testemuña de excepción a historia que lle tocou vivir do século XX, mentres nos…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.