A cultura galega volve do exilio: Xesús Bal e Gay

Que riqueza perde un país co exilio dos seus criadores? Esta pode ser unha das preguntas que nos deixa o prolongado exilio mexicano do músico e intelectual lugués Xesús Bal e Gay. O seu arco existencial vai desde o polemista sobre as formas artísticas do teatro e o ballet promovido polo galeguismo, até o reputado paleógrafo musical, obrigado pola ditadura a construír a súa vida madura en México, antes de regresar a Madrid, apenas xa sen poder incidir na vida artística e intelectual. Bal e Gay é reivindicado por todos e desperta curiosidade porque aparece nos dous mundos culturais, o galego dos anos 20 e 30, onde se pode seguir a súa pegada e despois o español xa instalado en Madrid e máis tarde en México. A súa peripecia vital deixou un ronsel documental que permanece vivo e custodiado na Residencia de Estudantes en Madrid.
Xesús Bal e Gay.
photo_camera Xesús Bal e Gay.
Un importante festival musical, promovido pola Fundación que leva o seu nome, mantense vivo desde hai anos nas terras da Mariña. Esa presenza leveda na memoria a lembranza da única vez que estiven…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios