A cultura galega volve do exilio: Arturo Souto

Nos momentos máis crueis da humanidade, a arte adiantouse sempre ás circunstancias da vida mandando sinais de atención, anticipando coas súas creacións o pesadelo do inminente futuro. Cando a realidade non tardou en darlles a razón, foron tamén os propios artistas os encargados de recoller o testemuño directo do horror. Durante a ditadura de Primo de Rivera, distintas asociacións de escritores e artistas plásticos advertiron do perigo de retroceso oficial dominante a través de manifestos e exposicións. Arturo Souto foi dos que viviu o contexto de reivindicación, adheríndose á colectiva consonancia do proxecto republicano. Despois do 36, deixou testemuño da crueldade da contenda cos seus debuxos de guerra, imaxes que reflicten o compromiso que defendeu ata o seu falecemento en 1964 no exilio mexicano.
Arturo Souto, 'os berros dun pintor social'.
photo_camera Arturo Souto, 'os berros dun pintor social'.
Lembraba Arturo Souto (1902-1964) a súa nenez asociada á habitación na que o seu pai tiña o seu estudo de pintura, “non me cansaba de velo pintar”, recoñecía. Alfredo Souto Cuero, o proxenitor,…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios