A cultura galega volve do exilio: Alonso Ríos

Unha exiliada ilustre, máis nova que Antón Alonso Ríos, titulou as súas memorias Tres tiempos y una esperanza. O lema de María Victoria Villaverde podía explicar parte da espectacular peripecia de ida e volta do noso personaxe: emigrante, retornado e finalmente exiliado. Tres tempos marcados pola penuria económica e a obriga de emigrar a América, o regreso esperanzado ao país para transformalo desde a acción política, a brutalidade da represión da que sae asombrosamente indemne, e o exilio definitivo. E batendo sempre en Alonso Ríos, o home da cara bondadosa, un corazón incesante de esperanza na redención e no progreso libre de Galicia.
Castelao e Alonso Ríos nunha reunión na Casa de Galicia de Montevideo en 1945.
photo_camera Castelao e Alonso Ríos nunha reunión na Casa de Galicia de Montevideo en 1945.
Antón Alonso Ríos  tirouse  a vida en Bos Aires en 1980, completando un abano vital que comezara en Silleda en 1887. Nesas máis de catro décadas completou unha biografía profesional e…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios