A cultura galega volve do exilio: Maruxa Mallo

A Arxentina arribaron cerca de 2600 derrotados na guerra civil de 1936-39, en plena "década ignominiosa" e cun réxime político que fechara as fronteiras á emigración, en especial aos desterrados políticos e aos xudeus. Nestas circunstancias desembarcou Maruxa Mallo en Bos Aires. Nacera en Viveiro en 1902 e pasara nesa vila parte da súa infancia, até que se vai a outras cidades e por fin se instala en Madrid en 1922, onde estuda Belas Artes. Alí coñece a Moreno Villa, Miguel Hernández, ao grupo da Residencia de Estudantes, así como a Concha Méndez, Margarita Manso e ás outras integrantes das ‘Sin Sombrero’. Tamén a Pablo Neruda e Gabriela Mistral.
Maruxa Mallo na feira de arte Arco, en Madrid.
photo_camera Maruxa Mallo na feira de arte Arco, en Madrid.
De entre a nosa xente só sabemos que en Madrid tratou bastante a Dieste, a Granell e a Fernández Mezquita (con quen mantivo un romance). Aquí só viña nas feiras, pero aproveita a súa condición de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios