crise

Pedro Sánchez, durante a intervención (Imaxe: Moncloa)
ECONOMÍA

As seis medidas máis destacadas do Goberno español para facer fronte á crise

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, compareceu ante os medios tras concluír o Consello de Ministros e Ministras que aprobou o decreto de medidas anticrise para dar a coñecer as principais actuacións. Eis un resumo do anuncio.

Retorno a 2008?

Un traballador nas obras do novo centro integral de saúde de Lalín o pasado mes de febreiro (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

A gravidade dos accidentes laborais crece na Galiza após as crises económicas

En 2022, xa sen restricións pola Covid, rexistráronse 29 mortes no posto de traballo nos dous primeiros meses do ano.
Factoría de Amazon. (Foto: Europa Press)
star
Caderno 'Producir'

Desigualdade e shocks capitalistas no século XXI

A crise do coronavirus incrementou de desigualdade en Galicia.
Borja Verea intervindo no acto do PP de Compostela de 5 de decembro de 2021.(Foto:Europa Press)
Conflito aberto no Partido Popular da Coruña, Compostela e Ourense

A pugna polos liderados divide o PP nas cidades

A nova dirección dos populares galegos ten por diante pór a punto o partido para enfrontar as eleccións locais de 2023. Neste contexto cobra especial urxencia elixir as candidatas e candidatos da formación nas cidades, onde a conflitividade interna manda na vida de boa parte das agrupacións locais. O congreso local do PP de Santiago de Compostela é a primeira proba de lume.

As grúas dos estaleiros vigueses son testemuñas da caída da produción industrial no sector naval galego. (Foto: Antonio Alcobendas)
ECONOMÍA

A Galiza lidera a caída da produción industrial no Estado, cun descenso de 6,8%

A Xunta evita exercer as súas competencias para conter as consecuencias da crise industrial que padece o país.
BNg
Pontón: “Galiza non se beneficia da súa riqueza eléctrica”

Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela co BNG contra a suba dos prezos

 

O Bloque Nacionalista Galego tomou na maña deste domingo ás rúas de Compostela para protestar contra a carestía da vida e reclamar dos diferentes Gobernos solucións ante a perda de poder adquisitivo do conxunto da sociedade.

O prezo medio da gasolina subiu 40% nun ano. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

As preguntas sobre os descontos á gasolina: canto, como e cando baixarán os prezos?

O Goberno do Estado vén de publicar no BOE unha serie de medidas para paliar os efectos da crise económica que inclúen unha redución no prezo do combustíbel. Respondemos ás incógnitas sobre a cuestión:

Soberanía, democracia, traballo

Perplexidades

star
Análise

Próxima parada, estánflación?

Atopámonos ante unhas taxas de inflación insoportábeis. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), os prezos incrementáronse na Galiza, no mes de febreiro, un 8% interanual. Dato alarmante no que aínda non se recollen algunhas das subas producidas como consecuencia da guerra na Ucraína ou polos paros de actividade e distribución no Estado español. Isto fai agoirar novos incrementos no curto prazo e a posíbel -e temida- estanflación no medio.
Alberto Núñez Feixoo presidindo o Consello da Xunta que decorreu esta quinta feira en Pontevedra (Foto: Xunta da Galiza).
POLÍTICA

Feixoo anuncia novas medidas contra a crise coas anteriores sen aplicar

O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, anunciou esta quinta feira dúas novas medidas do denominado 'Plan de choque autonómico' contra a crise. Unha dirixida ao sector gandeiro e outra ao da automoción. Estas accións súmanse ás dez que anunciara a semana pasada mais que aínda non se publicaron no Diario Oficial da Galiza (DOG) para poder ser aplicadas, como lle lembrou a oposición.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Rego urxe a reducir o IVE dos produtos básicos

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, criticou a falta de reacción do Goberno do Estado con respecto á situación de suba dos prezos. Ao tempo, presentou o paquete de medidas que o BNG trasladará ao Executivo nunha reunión o 22 de marzo.
EuropaPress_4156339_19_december_2021_chile_santiago_new_chilean_president_gabriel_boric
INTERNACIONAL

Boric: grandes retos, grandes expectativas

O novo presidente ponse ao temón de Chile nun momento de tempestade.
Manifestación de traballadores de Alcoa (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A industria galega perdeu 33.555 empregos desde 2009

A suba dos custos enerxéticos vén comprometer aínda máis a delicada saúde do complexo industrial galego, que perdeu entre 2009 e 2019 un de cada cinco empregos. O cese parcial da actividade das grandes empresas electrointensivas non é máis que o sinal para a paralización doutras empresas transformadoras.

Un negocio de hostalaría. (Foto: Eusebio García del Castillo / Europa Press)
O aumento dos prezos pon contra as cordas o colectivo tras varios anos de crise

Galiza ten 23.213 autónomos menos que en 2009

Os traballadores e traballadoras por conta propia lideraron a destrución de emprego desde a chegada de Feixoo á Xunta, con máis de 20.000 postos laborais perdidos. As consecuencias da 'gran recesión', o parón imposto pola pandemia e, agora, o aumento dos prezos coloca os autónomos nunha situación límite.

 

Explotación de vacún en extensivo. (Foto: Europa Press) #gando #gandaría #vacún #fruga #galiza #ue
ECONOMÍA

O conselleiro de Medio Rural recoñece que “hai risco de desaparición do sector gandeiro” galego

Por mor da situación que atravesa e que se ve agravada pola guerra en Ucraína.

Un barco de frota artesanal fronte á dársena da Mariña, no porto da Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
ECONOMÍA

Empresas galegas ven na guerra a "tormenta perfecta": "O peor está por chegar"

Advirten que moitos sectores teñen subministracións só para "3 ou 4 semanas" e tratan de buscar alternativas para seguir producindo.
Encontro nacional de responsábeis locais e comarcais do BNG en Compostela.
POLÍTICA

O BNG anticipa unha "ofensiva mobilizadora" para denunciar a suba de prezos que "abocan á pobreza"

A formación nacionalista xuntou en Santiago responsábeis locais e comarcais de toda a Galiza para preparar a súa estrutura organizativa de cara ás municipais 2023.
Agricultor lucense traballando a terra. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

Como está afectando o conflito de Ucraína á nosa economía?

A falta de materias primas que proveñen de Rusia e Ucraína xa se está a facer notar na economía. Sectores como os de alimentación, automoción, tecnoloxía e enerxía son os principais afectados.