Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A explosión dun camión na ponte que une a península de Crimea coa Rusia continental vén de deixar parcialmente inutilizada esta infraestrutura.
Abrumador apoio da Asemblea Xeral da ONU a unha resolución apresentada por Kiev a favor da integridade territorial de Ucraína e contra o referendo de Crimea, en virtude do cal esta república autónoma pasa a se integrar na Federación Rusa. Obtivo o apoio de 100 estados. Só 11 votaron a prol da reunificación de Crimea e Rusia.
O golpe de Estado contra o presidente lexítimo de Ucraína, patrocinado polo conglomerado UE-EUA, acelerou os acontecementos
Rusia mobiliza o seu exército e envía avións de combate a Bielorrusia mentres a OTAN se manten en alerta desde Lituania, Letonia e Romanía. Ás portas do referendo en Crimea, ambas as dúas partes chaman ao diálogo mais non minguan a tensión.
A declaración de independencia foi apoiada por 78 d@s 100 deputad@s que compoñen a Cámara e reiterou a súa vontade de se adherir a Rusia.
Non arrefece a temperatura na Ucraína e sobe de ton por momentos o confronto entre o bloco EUA-UE e Rusia polo control dun enclave xeoestratéxico esencial para o dominio de Europa.
O Parlamento crimeo adiantara esta quinta feira a convocatoria do referendo de autodeterminación para o 16 de marzo. China pide respeto á ''integridade'' de Ucraína mais non condena a actuación de Rusia.
O Parlamento crimeo adiantou a convocatoria do referendo de autodeterminación para o 16 de marzo após aprobar por unanimidade unha resolución que insta Rusia a estudar unha posíbel anexión crimea.
Ianukovich, o presidente deposto, botaba de menos esta sexta feira unha maior implicación rusa. A resposta de Putin foi inmediata. O Consello da Federación rusa -o órgao de representación territorial, unha sorte de Senado- deu luz verde este sábado ao envío de tropas a Crimea.
Tropas rusas despregáronse esta sexta feira por Crimea. Moscova di que son parte de manobras xa previstas da frota do Mar Negro, que ten nesta península unha base permanente.
Non hai tregua na situación de ruptura en Ucraína e todo apunta a que o conflito podería resultar na división do país en dúas metades, a pro-occidental e a pro-rusa.
Comezou o despregamento de tropas, até 150 mil soldados, na fronteira rusa con Ucraína. Moscova desvincula o movimento da queda do seu aliado en Kiev.