Crimea adianta o referendo de autodeterminación ao 16 de marzo

O Parlamento crimeo adiantou a convocatoria do referendo de autodeterminación para o 16 de marzo após aprobar por unanimidade unha resolución que insta Rusia a estudar unha posíbel anexión crimea.

A Cámara crimea aprobou esta quinta feira o adianto do referendo de autodeterminación previsto, inicialmente, para o 30 de marzo. O poder lexislativo acordou que a consulta a respeito do futuro deste territorio autónomo se decida o día 16 --o vindeiro domingo-- segundo recolle a axencia de noticias  RIA News. 

Neste senso, e segundo a mesma axencia de información, o presidente crimeo asegurou que a pregunta á que derá resposta a cidadanía crimea será se o territorio se mantén como parte da Ucraína ou, pola contra, se integra na República Federal de Rusia. 

Aliás, e sempre de acordo co recollido polas mesmas fontes, o Parlamento crimeo decidiu por unanimidade, após o adianto electoral, solicitar ás autoridades rusas que tomen en consideración unha posíbel anexión de Crimea. 

Comentarios