Ucraína ataca unha ponte que une Crimea con Khersón

Analistas afirman que o ataque responde ao "temor" ucraíno de que o Exército ruso estea a reabastecer as súas tropas desde Crimea.
Un militar das Forzas Armadas de Ucraína detrás dunha ametralladora. (Foto: Volodymyr Tarasov)
photo_camera Un militar das Forzas Armadas de Ucraína detrás dunha ametralladora. (Foto: Volodymyr Tarasov)

Vladimir Saldo, gobernador do territorio da rexión de Khersón controlado por Rusia, informou esta quinta feira de que catro mísiles entregados polo Reino Unido a Ucraína impactaron na ponte de Chonhar, que une Crimea con Khersón.

Citando diversos analistas, Al Jazeera sostén que o ataque responde ao "temor" ucraíno de que o Exército ruso estea a reabastecer as súas tropas desde Crimea, no medio dunha contraofensiva militar que xa está na súa terceira semana.

O ministro de Defensa ruso, Sergei Shoigu, advertira esta semana que, amais das represalias, o uso de armamento occidental contra Crimea confirmaría a implicación do Reino Unido e dos Estados Unidos na guerra de Ucraína, ao subministrar mísiles de longo alcance.

Desde Kíiv, comunicaron ataques rusos contra as cidades de Odesa e Kryvy Rih, mentres que Rusia recalcou que derrubaron dous drones na periferia de Moscova.

Comentarios