Oito persoas detidas pola súa presunta relación co ataque contra a ponte de Kerch, en Crimea

Un artefacto escondido nun camión de mercadorías foi o causante da explosión.
A ponte de Kerch antes de ser atacada cun artefacto explosivo. (Foto: Europa Press)
photo_camera A ponte de Kerch antes de ser atacada cun artefacto explosivo. (Foto: Europa Press)

As autoridades rusas detiveron nas últimas horas oito persoas pola súa presunta relación co ataque levado a cabo o pasado sábado, 8 de outubro, contra a ponte de Kerch, que une a península de Crimea con Rusia.

Segundo o Servizo Federal de Seguridade (FSB) de Rusia, todos os detidos, de nacionalidade rusa, ucraína e armenia, participaron dalgunha maneira na preparación do atentado. Ademais, a intelixencia rusa identificou outras catro persoas como cómplices.

Segundo recolle a axencia Interfax, os investigadores atribúen o ataque “terrorista” aos servizos de intelixencia de ucraínos. Estes terían enviado, segundo a versión de Moscova, un artefacto explosivo oculto a Crimea. A bomba saíu do porto de Odesa, en Ucraína, destino ao de Ruse, en Bulgaria.

Despois de ser transportado a través por Xeorxia e Armenia a través de estrada, un grupo das persoas identificadas como autoras do ataque crearon unha compañía ‘pantasma’, encargada de recibir o camión de mercadorías no que se atopaba o artefacto incendiario no momento da súa explosión.

Crimea "é só o comezo"

O asesor do xefe da Oficina presidencial ucraína, Mijaíl Podoliak, afirmou  nas súas redes sociais horas despois do atentado que a explosión da ponte de Kerch “é só o comezo”.

Neste sentido, Podoliak manifestou que "todo o ilegal debe ser destruído, todo o roubado debe ser devolto a Ucraína, todo o ocupado por Rusia debe ser expulsado”.

Comentarios