Un ataque con dron incendia unha planta de combustíbel ruso en Crimea

Ucraína asegura que a ofensiva tivo lugar en resposta ao bombardeo ruso contra o edificio residencial de Uman
Buques de guerra e submarinos rusos en Sebastopol, Crimea, nunha foto de arquivo. (Foto: Michal Burza).
photo_camera Buques de guerra e submarinos rusos en Sebastopol, Crimea, nunha foto de arquivo. (Foto: Michal Burza).

Un ataque con dron provocou este sábado un incendio nun depósito de combustíbel no porto de Sebastopol, a principal base da frota rusa do mar Negro na península de Crimea.

O gobernador de Sebastopol, Mijaíl Razvojayev, indicou que o incendiou non deixou vítimas que lamentar nin feridos.

As autoridades locais sinalaron que o lume se estendeu por unha superficie de case mil metros cadrados, pero foi finalmente sufocado polos servizos de bombeiros e emerxencias.

Tamén afirmaron que o ataque non supuxo un perigo para as infraestruturas civís da zona do porto de Sebastopol.

O gobernador Razvojayev subliñou que o incidente non afectará a subministración de combustíbel á cidade nin ao resto da península de Crimea.

Ataques non tripulados

Rusia denunciou nos últimos meses ataques ucraínos contra a península, na súa maioría con drons de asalto.

Neste sentido, o Servizo Federal de Seguridade confirmou o aborto dun atentado bomba contra o hospital naval en Simferópol, capital de Crimea.

O ataque ucraíno sobre Sebastopol foi confirmado polo antigo viceministro do Ministerio do Interior de Ucraína, Anton, Gerashchenko, na súa conta de Twitter.

Andriy Yusov, representante da Administración Estatal de Ucraína, indicou máis tarde que os produtos derivados do petróleo destruídos –40.000 toneladas en chamas que provocaron unha columna de fume que dominou a cidade– estaban destinados aos buques de guerra rusos situados no porto da cidade.

Comentarios