star
INTERNACIONAL
A extrema dereita marcará o paso da nova Carta Magna chilena
08/maio/23
O triunfo da extrema dereita en Chile, aproveitando a división nas candidaturas do campo progresista, pon en dúbida que finalmente haxa unha nova Constitución no Estado, tras defender o Partido Republicano que non era preciso mudar a norma constitucional deseñada na ditadura de Pinochet, e aumenta a presión sobre a xestión do Goberno encabezado por Gabriel Boric.