Reportan a morte do xornalista Gonzalo Lira, encarcerado en Ucraína desde o pasado ano

O comunicador chileno-estadounidense tiña unha posición crítica co presidente Zelenski, e recentemente denunciara a falta de atención médica no centro penitenciario.
O xornalista Gonzalo Lira. (Foto: Wikipedia)
photo_camera O xornalista Gonzalo Lira. (Foto: Wikipedia)

O popular xornalista e blogueiro chileno-estadounidense Gonzalo Lira, arrestado polas autoridades ucraínas o pasado ano acusado de "difundir información falsa" e "apoiar en redes sociais a invasión rusa", faleceu aos 55 anos no país no que estaba recluído, segundo vén de informar o seu pai, citado polo xornalista Alex Rubinstein.

"Foi torturado, extorsionado, incomunicado durante oito meses e 11 días e a Embaixada dos Estados Unidos non fixo nada para axudar o meu fillo. O responsábel desta traxedia é o ditador Zelenski coa concorrencia dun senil presidente norteamericano, Joe Biden", afirmou, sempre segundo Rubinstein, o pai do finado.

Nunha carta escrita a man recibida por Rubenstein o 4 de xaneiro, Lira advertira que padecía unha dobre pneumonía [en ambos os pulmóns], así como pneumotórax e un caso moi severo de edema desde mediados de outubro. Segundo denunciou naquela altura, as autoridades ucraínas só admitiron o seu problema de pneumonía a partir do 22 de decembro. O empeoramento da súa enfermidade, dixo na carta, reduciu a súa capacidade respiratoria.

Comentarios