Máis de 120 falecementos polos incendios que asolan a rexión chilena de Valparaíso

O Servizo Médico Legal de Chile elevou hoxe a 122 a cifra de persoas mortas na vaga de incendios que está a afectar a Valparaíso, no centro do país, no que a segunda e terza feira foron declarados como xornadas de dó nacional polas vítimas do lume, nunha área na que se decretou o estado de excepción. Hoxe había 40 incendios activos que estaban a ser combatidos polos equipos de bombeiros, ao que hai que engadir 19 en observación.

Bombeiros chilenos en tarefas de extinción o domingo. (Foto: Matias Basualdo / Europa Press / Contacto)
photo_camera Bombeiros chilenos en tarefas de extinción o domingo. (Foto: Matias Basualdo / Europa Press / Contacto)
Comentarios