As forzas progresistas organízanse para rexeitar a Constitución en Chile

A extrema dereita dirixe a redacción da proposta.
Votacións en maio para elixir o Consello Constitucional chileno. (Foto: Francisco Arias / Zuma Press / Contactophoto)
photo_camera Votacións en maio para elixir o Consello Constitucional chileno. (Foto: Francisco Arias / Zuma Press / Contactophoto)

Movementos sociais, sindicatos e forzas políticas progresistas chilenas presentaron unha plataforma para rexeitar no plebiscito previsto para o 17 de decembro o proxecto de Constitución desenvolto pola extrema dereita do Partido Republicano e os conservadores de Chile Imos, que obtiveron a meirande parte dos asentos no Consello Constitucional nos comicios de maio, informa hoxe a axencia Prensa Latina.

Neste sentido, a proposta prohibe o aborto, que no país só se permite até o de agora en caso de risco para a vida da nai, violación ou inviabilidade do feto. Á vez, restrinxe o dereito de folga e o papel dos sindicatos, e consolida a privatización dos servizos públicos, que xa recolle a actual Carta Magna, aprobada durante a ditadura de extrema dereita de Augusto Pinochet.

Estalido social

Ademais, na madrugada da cuarta á quinta feira a Policía detivo no mínimo 20 persoas durante as manifestacións polo cuarto aniversario do estalido social en Chile, a onda de protestas que levou ao comezo do proceso constituínte actual.

Comentarios