A UPG homenaxea o seu fundador Bautista Álvarez
A Unión do Povo Galego (UPG) homenaxeou na tarde deste sábado 14 de setembro a Bautista Álvarez no cemiterio San Cibrao das Las, no concello de San Amaro, na comarca do Carballiño.
A Unión do Povo Galego (UPG) homenaxeou na tarde deste sábado 14 de setembro a Bautista Álvarez no cemiterio San Cibrao das Las, no concello de San Amaro, na comarca do Carballiño.
Esta sexta feira, coincidindo co sexto aniversario do falecemento de Bautista Álvarez, desenvolvéronse unha serie de actos en lembranza do político e escritor.
A Unión Povo Galego realiza esta sexta feira, 16 de setembro, unha ofrenda floral con motivo do quinto aniversario do falecemento de Bautista Álvarez, figura central na historia do nacionalismo galego.
A Fundación Insua dos Poetas celebrou na mañá deste sábado 16 de xullo a súa tradicional Festa da Palabra. O acto, promovido pola entidade presidida polo poeta Luís González Tosar, serviu para homenaxear ao grupo Brais Pinto e premiar a diversas iniciativas culturais e personalidades galegas.
Milleiros de militantes e simpatizantes do Bloque Nacionalista Galego desprazáronse este domingo até A Coruña para acudir á XVII Asemblea Nacional da formación política.
O 16 de setembro de 2017 falecía Bautista Álvarez. Tres anos despois da súa morte volvemos sobre súa figura para recuperar a súa militancia política durante a ditadura e para reivindicar o patrimonio acumulado polo nacionalismo nos últimos anos do franquismo.
Unha ofrenda floral este domingo no cemiterio de San Cibrao das Las lembrará unha persoa fulcral para a conformación do movemento nacionalista contemporáneo.
Figura incontornábel na historia do nacionalismo galego contemporáneo, todas as faces de Bautista Álvarez —o político, o teórico, o activista, o compañeiro, o dirixente, até o literato—foron evocadas este sábado no acto organizado pola UPG co motivo do primeiro aniversario do seu pasamento. Por volta de 200 persoas asistiron ao evento, que decorreu no Centro de Interpretación do castro de San Cibrao das Lás en San Amaro
O 16 de setembro de 2017 deixábanos fisicamente Bautista Álvarez. Porén, legábanos o exemplo dunha militancia a proba de lume e o capital ideolóxico dunha persoa que participou na construción da proposta teórica do nacionalismo nos últimos sesenta anos. Estamos, ao fin, diante dunha persoa por coñecer.
O 25 de xullo de 1968 a UPG convoca unha manifestación en Compostela e faino por vez primeira baixo a denominación actual, Día da Patria Galega. Nun fragmento dun documentario realizado en 2004, o histórico dirixente Bautista Álvarez (1933-2017) explica como se chegou a ese rótulo para designar a mobilización por excelencia do nacionalismo galego.
Hai 35 anos produciuse un atentado contra a democracia no Parlamento da Galiza. Un episodio sen precedentes: a aplicación dunha norma con carácter retroactivo para danar un movimento político. O lance -a obriga neofranquista de xurar a Constitución de 1978 como unha profesión de fe relixiosa- saldouse coa expulsión dos tres parlamentares do BNPG-PSG. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza en papel.
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Néstor Rego, secretario xeral da UPG, xunto a ducias de militantes e veciñas e veciños renderon esta tarde homenaxe a Bautista Álvarez, o histórico líder nacionalista falecido onte, nun acto en San Cibrao de Las no concello ourensán de San Amaro. “Necesitamos moitos Bautistas, moitas persoas coa súa paixón por Galiza”, dixo Ana Pontón na despedida dun “amigo, un compañeiro, un camarada, un loitador incansábel pola liberdade de Galiza”.