Este foi un capítulo moi importante da rebeldía galega fronte á opresión do Estado, infelizmente pouco coñecido polas novas xeracións”. Fala Lois Diéguez, un dos tres parlamentares da coligazón BNPG-PSG expulsos do Parlamento galego en novembro de 1982, hai 35 anos. Foi deitado fóra da Cámara na compaña de Bautista Álvarez, portavoz naquela altura, e Claudio López Garrido.
20 de outubro de 1981. Primeiras eleccións ao Parlamento da Galiza. Baixísima participación, apenas 46,3 por cento. A direita españolista fica perto do 60 por censo (AP, 30,52 por cento; UCD, 27,80 %). O nacionalismo obtén catro actas: 3 da coligazón BNPG-PSG (6,27 por cento do voto) e 1 de Esquerda Galega (3,40 por cento). Estaba todo por facer naquel parlamento. Tamén o regulamento. Aí comezou todo.
“Cando chegamos á cámara non había ningunha fórmula concreta á hora de tomar posesión. Fíxose un acto solemne de abertura da lexislatura, formouse a Mesa de Idade...”, rememora Lois Diéguez para Sermos. Constituíronse as comisións, entre elas a encarregada de redixir o regulamento, o estatuto interno que regula o funcionamento da cámara. “E o que nos atopamos desde o principio é co facto de que as forzas estatais querían reproducir aquí o regulamento do Congreso”, relata Diéguez.
[Podes ler o texto íntegro no número 274 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]