“Bautista morre nunha Galiza sen poder e sen normalidade”
A Francisco Rodríguez a noticia da morte do seu camarada e amigo Bautista Álvarez, “o tesón, a vontade, a convicción”, sorprendeuno no cemiterio coruñés de San Amaro rematada a homenaxe a Pedro Galán Calvete esta mañá. “Era unha noticia en certo modo esperada”, recoñece o ex deputado e ex secretario xeral da UPG que mantiña unha relación de amizade e compromiso compartido, “un trato próximo e unha convivencia moi sincera” con Bautista Álvarez desde 1974.
Morre Bautista Álvarez
Aos 84 anos falece un dos líderes históricos do nacionalismo galego, figura central na historia política do país desde os anos 60.
As voces da primeira década do Día da Patria Galega
Afirmaba Castelao que o 25 de Xullo era “a festa maior dos galegos”. Unha xornada reivindicativa ideada polas Irmandades da Fala en 1920 e recuperada en 1968 pola Unión do Povo Galego (UPG), quen resgatou a data na denominación e no contido. Contamos co testemuño daquela primeira década de conmemoración do Día da Patria da voz de Bautista Álvarez, Xesús Sanxoás, Saleta Goi, Xosé Estévez, Lois Diéguez, Maite Caramés, Margarita Ledo, Pilar Allegue, Francisco Rodríguez e Vicente Vázquez. Recollémelo no Sermos Galiza 255.
Acción e pensamento no volume que pon o ramo ás Obras Escollidas de Bautista Álvarez
É unha das principais figuras da historia do nacionalismo galego das últimas cinco décadas, sen a cal é imposíbel narrar a evolución do movimento soberanista no país desde principios dos 60 do pasado século até o presente. É un home de acción, mais tamén un pensador político. E até un literato. Esta sexta feira apresenta en Pontevedra o terceiro volume das súas Obras Escollidas.
Bautista Álvarez: "A emigración é o noso gran drama e merecía ter máis consideración literaria"
Con Retallos daquela infancia,Bautista Álvarez descubriuse como escritor de narrativa. Tan só un ano despois sae publicada a súa primeira novela, Cuarto minguante (Xerais). Preséntase este sábado, día 21, no Casal de Armán de Ribadavia coa intervención de María Pilar García Negro, Manuel Bragado e o propio autor ademais da música de Roberto Sobrado
Bautista Álvarez volve á literatura coa novela “Cuarto Minguante”
Dous anos despois de se descubrir como narrador co libro de relatos, Retallos daquela infancia (Xerais), Bautista Álvarez volve á literatura coa novela Cuarto Minguante, unha das novidades de Xerais para este ano.
“Bautista Álvarez pertence á mesma secuencia de pensadores que Castelao"
Presentouse o II Volume das Obras Completas do histórico dirixente nacionalista e fundador da UPG, que en palabras de Pilar García Negro, directora xeral da Fundación que leva o seu nome, “é un home de traxectoria rectilínea, sen guadianas”.
Retallos de Bautista Álvarez
A obra narrativa Retallos daquela infancia (2013), de Bautista Álvarez, sorprende gratamente por varias razóns.
En primeiro lugar por ter acceso ao testemuño vivencial, verquido en perspectiva creativa, dunha figura insobornábel do nacionalismo galego, que posúe unha longa bagaxe política e cultural ás súas costas.
Bautista Álvarez descóbrese como narrador con "Retallos daquela infancia"
“Retallos daquela infancia” é o título do novo libro de Bautista Álvarez. Non son ensaios nin discursos nin artigos xornalísticos