antifranquismo

maiz
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Bernardo Máiz, historiador: “A primeira oposición real ao franquismo na Galiza foi a guerrilla”

Bernardo Máiz (O Seixo-Mugardos, 1950) é un pioneiros nos estudos sobre a represión franquista e a guerrilla na Galiza. Autor de múltiples traballos desde o comezos dos anos 80, signifícase por unha ampla bibliografía que o convirte nunha referencia inescusábel nas investigacións da guerrilla. A cuarta e a quinta feira escribe en Nós Diario sobre a relación entre o PC e a resistencia armada.
pararadp
'As guerrillas galegas ao descuberto"

Carlos Parrado, investigador: "Curuxás” considerábase un lobo de sorte"

Carlos Parrado leva décadas investigando a traxectoria persoal e política de Ramón Rodríguez Varela “Curuxás”. Nado nas mesmas terras que o famoso guerrilleiro, coñeceu a moitos dos seus enlaces e compañeiros de militancia. A cuarta feira en Nós Diario achégase de novo a súa figura.
julian
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Blanca e Julian Campos, investigadores: “A memoria colectiva de Langullo conserva a lembranza sensíbel de Daniel Calvo”

Blanca e Julian Campos García son fillos de Rosario García Rodríguez, da casa do “Sarxento” de Langullo en Manzaneda, que puido exiliarse a Francia desde Barcelona. Ao tempo, son sobriños de Manuel García Rodríguez, resistente antifascista agarrotado en Ourense en 1959. A terza feira en Nós Diario recuperan a Daniel Calvo, outro dos guerrilleiros de Langullo.
guerrilla desterro
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Os desterros: outra forma de represión da guerrilla antifranquista

“A Garda Civil díxonos que nos presentáramos en Ordes. Metéronnos nun camión e chegamos a Soria. Eu traballei nunha casa de comidas, outros na terra, de sol a sol”. María Penedo Villaverde, desterrada 

Entre 1945 e 1949, mentres que os guerrilleiros antifranquistas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro se batían a morte contra as forzas represivas da ditadura, as autoridades decidiron aplicar un mecanismo represor sobre as familias dos combatentes: o desterro forzoso a terras castelás. O obxectivo do réxime era duplo: por un lado, culpar e castigar os guerrilleiros co sufrimento das súas familias e, por outro, privalos da posíbel axuda dos seus.  

foucellas
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

"Os Foucellas": A guerrilla antifascista na comarca de Ordes (1939-1952)

Como resultado do éxito da sublevación militar na Galiza e da posterior derrota dos republicanos na Guerra Civil, as liberdades adquiridas polos galegos durante a Segunda República substituíronse polo fascismo. Non obstante, na posguerra, o silencio que impuxo a ditadura foi rachado pola loita do Exército Guerrilleiro da Galiza. Esta organización armada antifascista creouse a partir da estruturación dos grupos de fuxidos que se agocharan no monte despois do golpe de Estado para evitar ser asasinados polos falanxistas. 
Adrian
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Adrián Marzoa: “Os represores estiveron no punto de mira das accións guerrilleiras”

Adrián Marzoa Otero (Deixebre-Oroso, 1993) é graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor libro 'A Represión Franquista na Comarca de Ordes (1936-1939)', a quinta feira achégase en Nós Diario á guerrilla na comarca de Ordes.
Carlos Nuevo
"As guerrillas galegas ao descuberto"

Carlos Nuevo: "O comité “Tchapaief” é a primeira das guerrillas organizadas na Galiza"

Carlos Nuevo Cal (Viveiro, 1958) é un dos veteranos nos estudos da memoria na Galiza. Cronista oficial de Viveiro, autor desde hai décadas dunha chea de investigacións sobre os movementos sociais e políticos nas primeiras décadas do século XX, achégase na terza e cuarta feira no coleccionábel de Nós Diario a historia da guerrilla na Mariña.

valdeorras
star
'As guerrillas galegas ao descuberto'

A guerrilla antifranquista en Valdeorras: terror, resistencia e supervivencia na raia

Valdeorras no oriente ourensán é o centro xeográfico da bacía media do Sil, que abarca O Bierzo e A Cabreira, en León, as terras de Trives e Viana, en Ourense, así como a luguesa terra de Quiroga. Neste amplo espazo engarzado por todo tipo de relacións sociais, regado por profundos ríos e rodeado de grandes e altas serras, desenvolverase unha importante resistencia armada á implantación da ditadura.
Afonso Eiré
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Afonso Eiré: “O Piloto non quería marchar porque consideraba preciso seguir defendendo os demócratas”

Afonso Eiré López (Chantada,1955) é xornalista e escritor. Director durante máis de 30 anos do semanario A Nosa Terra e autor de máis de 20 libros, publicou en 2015 “O Piloto”,o último Guerrilleiro. O 12 de novembro achega en Nos Diario un novo traballo sobre este loitar antifascista.
Dionisio Pereira
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Dionisio Pereira: "Centos de veciños da Raia Seca portuguesa pasaron polas cadeas por apoiar a guerrilla"

Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) leva moitos anos pescucando a moria da represión e da resistencia antifascista. Historiador, autor dunha abondosa bibliografía desde comezos da década dos 80, o 11 de outubro escribe en Nós Diario sobre a guerrilla na área da Raia Seca.

 

Alejandro
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Alejandro Rodríguez: “O antifascismo é a base ideolóxica da Federación de Guerrillas”

Alejandro Rodríguez Gutiérrez (Ponferrada,1984) é doutor en historia pola Universidade de Santiago de Compostela e actualmente traballa na súa tese de doutoramento sobre a historia da guerrilla galega. A terza feira de 9 de novembro escribe no coleccionábel Nós Diario sobre a Federación de Guerrillas

xoan carlos abad
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Xoán Carlos Abad: "Introducir infiltrados nas guerrillas foi bastante empregado polas autoridades"

Xoán Carlos Abad Gallego (Vigo,1960). Licenciado en Xeografía e Historia e impulsor do Instituto de Estudos Vigueses, atesoura unha ampla obra arredor a represión franquista e a resistencia en Vigo. O 4 e 5 novembro escribe en Nós Diario sobre a guerrilla antifranquista nesa comarca.
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Dionisio Pereira: "A guerrilla galega foi un modelo de resistencia popular"

Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) é unha referencia obrigada da historiografía galega. Autor de traballos imprescindíbeis sobre os movementos sociais, a represión franquista e a resistencia na Galiza contemporánea, o 3 de novembro achega en parcería con Eliseo Fernández nas páxinas de Nós Diario, unha investigación sobre a primeira guerrilla antifranquista
Paula Godinho
'As guerrillas galegas ao descuberto'

Paula Godinho, investigadora: "A repressão contra a povoação de Cambedo foi tremenda"

Paula Godinho (Lisboa,1960) é antropóloga, investigadora no Instituto de História Contemporânea e professora associada com agregação no departamento de Antropologia da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. A quinta feira aproximasse no coleccionábel de Nós Diario  á “batalha de Cambedo” de 1946.
Arcadio Ríos, Cesar Ríos, Victorino Nieto e Silverio Yebra en 1944 ás beiras do río Sil. (Foto: Nós Diario)
‘Nos Diario’ publicará nos meses de novembro e decembro un coleccionábel sobre a guerrilla

A loita da guerrilla galega ao descuberto

O vindeiro dous de novembro sae á rúa un novo coleccionábel en Nós Diario. Trátase dunha achega á guerrilla galega e á súa loita contra o franquismo durante preto de dúas décadas. Os traballos son da autoría de 30 investigadores e o primeiro número está asinado por Francisco Martínez “Quico”, o único militante vivo das guerrillas galegas.

guerrilla
star
MEMORIA E HISTORIA

Guerrilleiros antifranquistas, soldados da república

Foi unha loita de 400 persoas, quizais 500 en total, precariamente armadas pero apoiadas por unha ampla rede de enlaces que durante perto de dúas décadas enfrontaron na Galiza a ditadura franquista até as súas últimas consecuencias.
Algúns dos activistas da Casa Cornide absoltos. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Os condenados por ocupar a Casa Cornide ven un "escándalo democrático" a sentenza

Anuncian que presentarán un recurso. Piden á Xunta que acelere a declaración BIC e ao Concello da Coruña que presente a querela para lograr a devolución
Jorge Suárez Fernando miramontes foto do FB de Suarez
MEMORIA E HISTORIA

Pesar polo falecemento de Fernando Miramontes, un referente da loita obreira e antifranquista

Ferrolán da colleita de 1935 estivo nas loitas de marzo de 1972 na súa cidade, cando foi detido e torturado, e xa tras a morte do ditador, foi membro da Corporación municipal.