Pechan a praia de Augas Santas polo forte temporal

O Concello de Ribadeo (A Mariña) decidiu fechar a praia de Augas Santas (coñecida como das Catedrais) esta quinta feira para evitar o risco de desprendementos ante o forte temporal de vento e mar que azouta Galiza.

Segundo explicou o propio alcalde, Daniel Veiga, a decisión de fechar o areal ás visitas é unha medida de "precaución" ante o "forte" temporal que se está deixando sentir na costa do municipio. "Este temporal é forte e preferimos previr co fin de evitar posíbeis incidencias ou accidentes. Pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar ás persoas que nos visiten hoxe, pero no Concello velamos pola súa seguridade e neste momento non se dan as mellores condicións para visitar as Catedrais", afirmou.

 

Lugoslavo é un xentilicio humorístico que utilizan na Mariña para se referiren aos veraneantes de Lugo. Na imaxe, a praia das Catedrais de Ribadeo. (Foto: Alessandro Calzolaro)
photo_camera Lugoslavo é un xentilicio humorístico que utilizan na Mariña para se referiren aos veraneantes de Lugo. Na imaxe, a praia das Catedrais de Ribadeo. (Foto: Alessandro Calzolaro)
Comentarios