A Estrada

Participantes nunha edición anterior das Nosas Músicas de Couso, na Estrada. (Foto: ANM)
MÁIS

As Nosas Músicas son para (re)encontrarse

Loar o tradicional e reunirse en festas, as claves da edición XXVII

Nestes días 13 e 14 de agosto chega o ciclo "As Nosas Músicas" a Couso, na Estrada (Tabeirós-Terra de Montes), unha celebración que aposta pola troula máis alá de festivais e da Galiza urbana. Monicreques, charangas e ruadas pasarán pola parroquia ao son da foliada e das cantareiras para demostrar que o cambio dos tempos non supón a perda das raíces.

Anne Lanevschy, propietaria da Fica da Condesa (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Galiza tamén é país para os froitos vermellos: o sector, en cifras

A maior parte das explotacións agrícolas galegas que se dedican ao cultivo do arando e dos froitos vermellos contan con pequenas producións. Unidas en Berries Galiza, céntranse na venda online, en tendas especializadas ou transformando a colleita en zumes. Nalgún caso, ademais, é a clientela quen recolle o froito.
Un aloitador durante a última edición da Rapa das Bestas de Sabucedo. (Foto: Sindo Novoa)
MÁIS

Rapasons, tradición e música en Sabucedo

O RapaSons contempla unha nova edición cargada de música e troula para todos os gustos. Desde mañá, o público asistente poderá mergullarse en diversos concertos e verbenas para animar a festa. A maioría de actuacións decorrerán no Curro ou no Campo de Medio, na parroquia de Sabucedo, na Estrada (Tabeirós-Terra de Montes).
Rapa das Bestas, en Sabucedo (Foto: Arxina)
CULTURA

A Xunta incoará o expediente de interese cultural inmaterial da Rapa das Bestas de Sabucedo antes de xullo

En resposta a unha pregunta do BNG no pleno do Parlamento, o concelleiro anunciou que este expediente comezará nas próximas semanas.
Estrada PO-841 ao seu paso pola parroquia estradense de Vea. (Foto: Google)
SOCIAL

Aparece o corpo calcinado dun home de 75 anos na Estrada

O cadáver foi atopado arredor das 14.20 horas por efectivos anti-incendios que se desprazaron a unha leira próxima á estrada PO-841 despois de recibiren a alerta dun fogo forestal.
Unha muller pasando por diante dunha pintada durante a mobilización contra a 'burbulla eólica' en maio de 2023 en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Convocan unha andaina en Sabucedo contra a "avalancha eólica"

As entidades convocantes buscan con esta protesta, o sábado 8 de xuño, "defender a última serra do interior da provincia de Pontevedra sen colonizar pola industria eólica".
Bestas en Sabucedo, na Estrada (Terra de Montes). [Foto: Nós Diario].
SOCIAL

A entidade Rapa das Bestas urxe a declaración BIC para protexer Sabucedo da eólica

En xullo de 2023 Sabucedo, na Estrada (Terra de Montes) acollía a súa Rapa das Bestas con aloitadores uniformados con camisetas reivindicativas contra os catro parques eólicos que a Xunta tiña en marcha na zona. Todos eles están agora paralizados no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. O polígono Xubrintas consta de 15 aeroxeradores.
Polígono eólico na Serra do Suído. (Foto: N. B.).
SOCIAL

Adega lanza unha campaña de recadación de fondos para paralizar o parque eólico Monte Xesteiros

A asociación ecoloxista procura os fondos necesarios a través da campaña de recadación solidaria 'Ti Podes Paralos' para frear o polígono eólico Monte Xesteiros, proxectado na Estrada (Terra de Montes).
Proxección dos aeroxeradores sobre as aldeas afectadas. (Imaxe: Xesteiras sen Eólicos)
SOCIAL

Veciñanza da Estrada, contra os eólicos do monte Xesteiras: "Tomamos un papel secundario fronte a intereses económicos"

"Fauna protexida, flora endémica e importantes bens patrimoniais como a Igrexa de Santa María de Frades sufrirán o seu impacto directo", alerta a veciñanza.
O pasado mes de decembro desapareceu na zona un octoxenario e, no seu día, localizáronse pezas deste home na ponte de Pontevea. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Recuperan un cadáver no río Ulla que podería ser un octoxenario desaparecido en Teo

Un particular viu o corpo flotando á altura da parroquia de Santa María de Couso.
Leitugas nun invernadoiro de Agroflor (Foto: Agroflor).
star
ECONOMÍA

Grelos e leitugas, entre os produtos máis prexudicados polos cambios na meteoroloxía

As altas temperaturas en inverno, xunto ás choivas intensas dos últimos días, están a afectar ao agro galego. Sectores como a horta e a froita tentan adaptarse ao novo clima para seguir no mercado. O grelo é o peor parado ao non contar con produción dentro da súa Indicación Xeográfica Protexida.
Unha escena do espectáculo en Braga. (Foto: FcCastro-Photography)
star
CULTURA

Manuel Reimóndez Portela, un médico de aldea en escena: a vida do facultativo salta ao teatro na Estrada

O dramaturgo e director Santiago Cortegoso vén de estrear en Braga un espectáculo musical que adapta o libro de relatos, de carácter autobiográfico, de Manuel Reimóndez Portela Un médico na aldea. A obra poderá verse esta fin de semana no Teatro Principal da Estrada.
Aeroxeradores no parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, comarca de Ourense (Fotos: Agostime / Europa Press).
ECONOMÍA

A Xunta autoriza estes tres novos parques eólicos na Estrada, Boiro e Lugo

Dous proxectos son de Norvento e o terceiro, de Naturgy.
David Amor e Josito Porto en 'Go Home'. (Foto: Etiqueta Negra)
CULTURA

'Go Home', a nova comedia negra de Tito Asorey, estrearase na Estrada

O turismo e a xentrificación protagonizan a obra que verá a luz en marzo
A proba reunirá catro equipos de fútbol gaélico. (Foto: Fillos de Breogán).
DEPORTES

A Liga Máster de Fútbol Gaélico estrearase este sábado na Estrada

O novo torneo está dirixido ás maiores de 35 anos.
Autocolantes de Acontravento.
CULTURA

As creacións de Acontravento nunha 'exposición efémera' na Estrada

A tenda-obradoiro de Casal de Creación propón un encontro co proxecto da Guarda.
Granxa de porcos (Foto: Europa Press).
Agora

Morren case un centenar de porcos no incendio dunha granxa na Estrada

Case un centenar de porcos faleceron esta cuarta feira nun incendio rexistrado nas instalacións dunha granxa na Estrada (Terra de Montes). A alerta do 112 Galiza activouse arredor das 10 horas, cando o 061 avisaba de que se dirixía a esta granxa. Finalmente ninguén necesitou asistencia médica, mais houbo importantes danos materiais no illante do tellado da nave e a instalación eléctrica. Ademais o lume ocasionou a morte de case 100 animais, dos 200 que había na granxa. A empresa xestora das instalacións encargouse do traslado dos porcos que sobreviviron e da retirada dos que morreron. Fontes policiais situaron a orixe do lume nunha nave lindeira. O 112 tamén informou doutro incendio industrial, neste caso no municipio de Xinzo (A Limia), nunha fábrica de madeira do parque empresarial da localidade. Os bombeiros do parque comarcal de Xinzo foron os encargados de sufocar o incendio. Arderon dous silos de serraduras, posibelmente por un problema no sistema de extracción, mais non houbo feridos.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Un home morre atropelado na N-525 ao seu paso polo concello da Estrada

Até o lugar do accidente achegáronse sanitarios que non puideron facer nada finalmente para salvar a vida ao home.
Luís Soto, María Docampo, Daniel Castelao e Virxinia Pereira nos Estados Unidos. (Foto: ‘Castelao, a UPG e outras memorias')
star
CULTURA

Un roteiro pola Estrada guiado da man de Castelao

O 19 de outubro celébrase o aniversario do nacemento de Virxinia Pereira e tamén o da súa voda con Castelao. Vía Galega e a Asociación Vagalume renden homenaxe a ambas figuras e á súa presenza na Estrada cun roteiro, este sábado 21, por aqueles elementos do patrimonio do Concello de Tabeirós-Terra de Montes que inspiraron o artista e escritor na súa obra.
Clara Iglesias forma parte da directiva da Asociación Cultural Vagalumes. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Vagalumes celebra o centenario de Galeusca

O movemento Galeuzca, integrado polas tres nacións periféricas do Estado español, partiu da “perentoria necesidade de articular un bloque trinacional unitario e solidario”,  fronte ao “tradicional e férreo centralismo do Estado”, explican desde Vagalume.