Goberno español

Yolanda Díaz (Sumar) e Nadia Calviño (PSOE) mantiveron fortes discusións para chegar a un texto final da reforma dos subsidios por desemprego (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
star
TRABALLO

Os sindicatos lamentan as "insuficiencias" na reforma dos subsidios do paro: "Man de obra barata para as empresas"

Nalgúns aspectos coinciden, noutros teñen puntos de vista diversos,  mais o certo é que os sindicatos, tanto a CIG como CCOO e UXT, non ficaron satisfeitos coa reforma dos subsidios por desemprego que aprobou esta semana o Goberno do Estado español.
Pancarta colocada por traballadores da fábrica de Alcoa en San Cibrao. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O comité de Alcoa pide unha reunión urxente sobre a tramitación dos parques eólicos para a planta

A tramitación de cinco destes parques eólicos pende dun fío.
A ex secretaria de Estado Isabel Pardo de Vera. (Foto: Isabel Infantes / Europa Press)
ECONOMÍA

Isabel Pardo de Vera renuncia a presidir o 'lobby' inmobiliario Asval

Pardo de Vera foi unha das máximas responsábeis de Vivenda no Goberno español como secretaria de Estado. Agora pasará ao sector privado como presidenta de Asval, a patronal de fondos de investimento como Blackstone e Ares.
Imaxe de arquivo do 'Vila de Pitanxo'. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Sanción de 150.000 euros á armadora do 'Pitanxo' por desactivar xeolocalizadores en catro buques

Os barcos con bandeira española sancionados apagaron repetidamente a súa xeolocalizar sen motivos lexítimos "máis de 1.200 veces durante polo menos 24 horas", o que constitúe para a organización unha infracción contra a seguridade marítima e o incumprimento das normativas pesqueiras, salienta a organización Oceana.
A ministra Pilar Alegría presidiu hoxe a reunión da Conferencia Sectorial de Educación. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
Ensino

A Xunta di estar a favor de que as prácticas coticen pero pide atrasar a medida un curso

O conselleiro pide adiar o inicio até o próximo curso 2024-25 para pór en marcha un mecanismo informático "sinxelo e áxil" co que as empresas e os centros educativos poidan xestionar as altas e as baixas á Seguridade Social.
A ministra portavoz do Goberno español, Pilar Alegría, esta terza feira (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
ECONOMÍA

Así mudará a contía das pensións non contributivas e do Ingreso Mínimo Vital en 2024

O Goberno español encara a tramitación dos Orzamentos Xerais do Estado.
As ministras Diana Morant, María Jesús Montero e Pilar Alegría, hoxe, en rolda de prensa após o Consello de Ministros. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Orzamentos Xerais do Estado

O Goberno español eleva o teito de gasto a 199.120 millóns en 2024, o máis alto da historia

Trátase dun límite de gasto "realista" e "prudente", que conta con marxe para tomar ou prorrogar algunha das medidas aprobadas para combater a alza dos prezos "se fose necesario", afirma a ministra María Jesús Montero.
Dorado e Rueda ry
star
Industria

Fonda preocupación polo futuro de Alcoa en San Cibrao: a multinacional ve "insostíbeis" as condicións para continuar

A Xunta da Galiza e Alcoa reuníronse esta segunda feira para analizar a situación da factoría de aluminio de San Cibrao (Cervo, A Mariña). A xuntanza decorreu tan só catro días antes dun encontro da comisión de seguimento do acordo de viabilidade da fábrica. A preocupación polo futuro do complexo é máxima.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
LINGUA

O Goberno español renuncia finalmente a levar a votación a oficialidade do galego na UE

A Comisión Europea presentou unha breve estimación "preliminar" que se basea na experiencia de Irlanda co gaélico e apunta un custo anual de 44 millóns de euros por lingua, o que no caso español elevaría a contía a polo menos 132 millóns de euros por ano.
O líder do ultraespañolista Vox, Santiago Abascal, desde a tribuna de oradores do Congreso. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
POLÍTICA

As reaccións á ameaza de Abascal a Sánchez: "O pobo quererá colgalo dos pés"

Feixoo condena as palabras do líder de Vox mais acusa o PSOE de estar detrás desa "estratexia".
A vicepresidenta primeira e ministra de Economía, Nadia Calviño, na reunión do Ecofin do pasado 15 de setembro en Compostela. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

Sánchez dá por feito que Calviño presidirá o BEI

O presidente español evita dar o nome da persoa que a substituirá na Vicepresidencia e o Ministerio de Economía e asume a súa marcha como "unha enorme perda".
Cancela no encontro 'Acelerando la localización de la Agenda 2030', no Instituto Cervantes de Madrid. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
POLÍTICA

A galega Pilar Cancela será a nova secretaria de Estado de Migracións

A até agora secretaria de Estado de Cooperación Internacional,pasará a ocupar o cargo secretaria de Estado de Migracións dependente do Ministerio de Inclusión.
O ministro José Manuel Albares, no centro, na reunión diplomática de hoxe da Unión polo Mediterráneo. (Foto: Goberno de Turquía)
INTERNACIONAL

Albares chama a comunidade internacional a "non perder máis tempo" e recoñecer o Estado de Palestina

O ministro español, na liña do defendido a pasada semana por Pedro Sánchez, cre que debe ser a Autoridade Palestina de Mahmoud Abbas quen tome de novo as rendas da Faixa de Gaza.
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, na súa visita ao kibbutz israelí atacado o 7 de outubro. (Foto: Nicolas Maeterlinck / Belga / DPA)
INTERNACIONAL

Sánchez abre a porta ao recoñecemento 'unilateral' de Palestina se non hai consenso na UE

"Pagaría a pena e sería importante que o fixésemos xuntos, pero se iso non ocorre por suposto que España tomará as súas propias decisións", dixo hoxe, desde a cidade exipcia de Rafah. Israel chama a consultas os embaixadores español e belga polas súas declaracións das últimas horas.
Alberto Núñez Feixoo e Isabel Díaz Ayuso, na manifestación convocada polo PP en Madrid contra a amnistía, o pasado 12 de novembro. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
ECONOMÍA

As autonomías do PP, as máis beneficiadas pola condonación da débeda que criticaron por ser un "traxe a medida dos cataláns"

O País Valencià cancelaría 14.093 millóns, mentres no caso de Andalucía serían 5.696 millóns e no de Madrid, a pesar de que Díaz Ayuso insistiu en numerosas ocasións en que a súa comunidade "non ten débedas", 3.473 millóns de euros. En Catalunya, pola súa parte, serían 14.647 millóns, e na Galiza, 1.721.
A líder de Podemos, Ione Belarra, na entrada do Congreso (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press).
INTERNACIONAL

Podemos expresa a súa desconfianza cara a Sumar: "Non desbotamos que nos acaben botando do grupo parlamentario"

Ione Belarra critica que os ministros de Sumar serán "indistinguíbeis" do PSOE e que para as europeas tomarán unha decisión de forma autónoma

ministros consello gobernoe spañol europa press
INTERNACIONAL

Sánchez dá instrucións por carta aos seus ministros e pídelles "honrar a palabra dada" e "cumprir os compromisos"

Reclama "máxima coordinación" entre todos os membros da coalición que forman PSOE e Sumar.

O novo Executivo co rei español logo de prometer o cargo hoxe. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Rego, Saiz, Morant, García, Rodríguez, Planas, Torres, Urtasun, Bustinduy, Redondo, Escrivá, Alegría, Marlaska, Bolaños, Montero, Díaz, Sánchez, Felipe VI, Calviño, Ribera, Albares, Robles, Puente e Hereu. (Foto: Casa Real española)
star
INTERNACIONAL

A Mesa do Congreso autoriza a tramitación da Lei de amnistía mentres a AN pide investigar Puigdemont por terrorismo

O PP asegura que tratará de frear a lei de amnistía por todos os medios namentres a Audiencia Nacional pide ao Supremo investigar o ex presidente catalán Carles Puigdemont por terrorismo, todo iso cando a norma comeza a súa andaina parlamentaria.
Rubén Pérez encabeza a lista de Podemos-Marea de Vigo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O vigués Rubén Pérez, ex líder da Marea, novo secretario de Estado de Mocidade e Infancia

Será a man dereita da ministra Sira Rego no recentemente creado departamento do novo Goberno de Pedro Sánchez.
Raquel Sánchez entrega a carteira do Ministerio de Vivenda á nova titular, Isabel Rodríguez. (Foto: Marta Fernández Jara / Europa Press)
Nova ministra de Vivenda

Isabel Rodríguez estréase prometendo "protexer" a quen "dedicaron os aforros a adquirir unha segunda vivenda"

Rodríguez tamén defendeu que cada cidadán e cidadá ten dereito "a un teito onde albergar a educación dos seus fillos ou proxectarse persoal e laboralmente".