18-F

Hemiciclo no Parlamento da Galiza. (Foto: Parlamento galego)
18-F

Quen é quen no novo Parlamento galego?

Estas son as 75 persoas que o 18 de febreiro obtiveron escano no Parlamento da Galiza.
Reconto do voto CERA esta sexta feira (Foto: Nós Diario).
18-F

O voto exterior non afectará a maioría do PP, aínda que o PSdeG fica a 112 votos de gañar un escano en Ourense

Votan un total de 29.300 galegos no estranxeiro, pouco máis dun 6%, e os resultados non se coñecerán aé o día 26.

Alfonso Rueda e Ana Pontón. (Fotos: Europa Press)
18-F | Análise

PP vs BNG, unha Galiza polarizada

Os resultados das eleccións galegas deixan unha Galiza con dúas grandes forzas: a do PP e a do BNG e con dous programas completamente antagónicos. As propostas de PP e BNG son irreconciliábeis e todo apunta a que a lexislatura que se abre será de confrontación no Parlamento e de mobilización social na rúa.
Rueda
18-F

Alfonso Rueda: "Galiza votou polo sentidiño, unha decisión correcta para España"

O presidente da Xunta da Galiza di que estas eleccións mandaron "unha mensaxe a España".
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante un acto de precampaña en Eivissa (Illes Balears). (Foto: Germán Lama  Europa Press)
18-F

Vox suma un novo fracaso na Galiza, único territorio do Estado onde continúa sen ter representación

O apoio electoral da formación ultraespañolista fica en 2,2%.
Lois
18-F | Vídeo

Marta Lois recoñece os seus malos resultados e apela a construír un "proxecto de futuro" após ter 1,8% dos votos

Marta Lois di que os resultados da formación son “malos, sen paliativos”, mais chama a non desanimarse: “temos dous deputados en Madrid”.

Íñigo Errejón, Marta Lois e Yolanda Díaz, nun acto de Sumar en Vigo. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
18-F

Sumar pincha na Galiza e fica lonxe de obter representación

Colleita peores resultados que os logrados hai catro anos por 'Galicia en Común'.
Ana Pontón, este domingo. (Foto: Nós Diario)
18-F

A ría de Vigo convértese en bastión do BNG

Na cidade olívica, a formación que lidera Ana Pontón foi a máis votada

Rolda de prensa de Ana Pontón.
18-F | Vídeo

Ana Pontón: "O resultado é insuficiente, pero non perdan a esperanza: este país xa cambiou e non hai marcha atrás"

"Hai un antes e un despois e non hai marcha atrás, hai unha cidadanía ilusionada que non se conforma nin se resigna vendo como Galiza vai a menos mentres outros avanzan", afirma a candidata do BNG.
Gonzalo Pérez Xácome, este domingo, en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
18-F

DO entra no Parlamento galego e comeza a conta atrás para “salvar Ourense”

O partido do alcalde da cidade das Burgas, Gonzalo Pérez Xácome, alcanza un “fito histórico” ao conseguir unha acta na Cámara galega.

Rolda de prensa de José Ramón Gómez Besteiro.
18-F

Besteiro asume a derrota "sen paliativos" e prepárase para "construír a alternativa" desde a oposición

"Temos un compromiso inquebrantábel coa Galiza, e agora nestes catro anos traballaremos para afianzar un proxecto que sexa recoñecido pola cidadanía e construír unha alternativa", di.
Faraldo
18-F

Isabel Faraldo: "Sen un Podemos forte, non hai cambio"

A candidata da formación morada no 18-F di que estes comicios demostran que “hai que fortalecer o proxecto de Podemos”.

Estimación de escanos.
18-F

O PP retén a absoluta malia perder 2 escanos; o BNG marca unha gran suba e o PSOE afúndese

O Partido Popular mantén a maioría absoluta, a primeira para Alfonso Rueda, malia ceder 2 escanos a respecto das eleccións galegas de 2020, cando tivera 42 actas. O BNG asinou un ascenso especular, das 19 ás 25 actas, mentres que o PSOE sufriu unha caída considerábel, baixando de 14 representantes a só 9. Estréase na Cámara galega Democracia Ourensá, con 1 representante.

Colexio electoral de Lalín. (Foto: Nós Diario)
18-F

A participación dispárase até un 67,24% de récord nunhas eleccións galegas

O PP obtería 40 escanos; seguido do BNG, con 25 escanos e do PSdeG, con 9. Entra tamén na Cámara galega, cun deputado, Democracia Ourensá.
Varias persoas votando nun colexio electoral da Coruña. (Foto: Nós Diario)
18-F

Escrutinio en tempo real minuto a minuto: PP 40, BNG 25, PSdeG 9 e DO 1

'Nós Diario' ofrece en directo os resultados da noite electoral na Galiza, co escrutinio minuto a minuto.
Pontón, na Nave de Vidán coas cabezas de lista do BNG. (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Ana Pontón chega ao cuartel xeral do BNG para reunirse coa Executiva e seguir o escrutinio

Ao longo da noite electoral está prevista unha primeira valoración na que se abordará a participación da cidadanía, co dato xa fechado, e poderáselle preguntar polas enquisas que se publicarán a partir das 20 horas.

Estimación de escanos de GAD3 para a CRTVG.
POLÍTICA

A enquisa de GAD 3 para a CRTVG outorga 39-40 ao PP, 25-26 ao BNG, 9-10 ao PSOE e 0-1 a DO

A enquisa de GAD 3 para a CRTVG, que non é a pé de urna, sitúa o PP na maioría absoluta, cun abano de entre 39 e 40 escanos; ao BNG que, cunha espectacular suba, se situaría entre 25 e 26 actas; ao PSOE dálle entre 9-10 e a DO entre 1 e ningún escano. A Sumar, Podemos e Vox non lle dá representación.
Votación en Pontevedra, hoxe. (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

A participación rexistra un grande aumento de seis puntos porcentuais ás 17 horas

Os últimos datos feitos públicos pola Xunta revelan que votou máis dun millón de galegos e galegas, case 50% do censo. 
Papeletas dos distintos partidos que concorren ás eleccions do 18-F. (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

29.300 galegas no estranxeiro emitiron o seu voto, 6,15% do total

O Censo Electoral dos Residentes Ausentes está formado por 476.514 persoas.
Xácome, sostendo a papeleta de Democracia Ourensá antes de exercer o seu voto. (Foto: DO).
POLÍTICA

Xácome vota para "salvar" a provincia de Ourense

O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensá depositou o voto no colexio Santo Domingo de Ourense.