18-F

Quen é quen no novo Parlamento galego?

Estas son as 75 persoas que o 18 de febreiro obtiveron escano no Parlamento da Galiza.
Hemiciclo no Parlamento da Galiza. (Foto: Parlamento galego)
photo_camera Hemiciclo no Parlamento da Galiza. (Foto: Parlamento galego)
  1. A Coruña
  2. Pontevedra
  3. Lugo
  4. Ourense

A Cámara galega xa ten nomes e apelidos. 40 deputadas e deputados do PP obtiveron escano, seguidos do BNG, con 25; o PSdeG, con 9; e Democracia Ourensá, con 1. Esta é a duodécima lexislatura e aquí saberás quen é quen no novo Parlamento da Galiza.

A Coruña

Partido Popular

1º Diego Calvo Pouso (San Sadurniño, 1975): Licenciado en Económicas, especialidade de Facenda Pública e Sistema Fiscal. É presidente do PP da Coruña. Foi vicepresidente do Parlamento da Galiza. Soaba como probábel substituto de Feixoo cando este deixou a Xunta para optar á Presidencia do Goberno estatal. Co ascenso de Rueda á Presidencia da Galiza, Diego Calvo foi designado vicepresidente primeiro da Xunta.

2ª Paula Prado del Río (Compostela, 1971): Licenciada en Dereito pola USC e doutorada en Dereito Público e Teoría do Estado. Foi senadora nas Cortes Xerais e concelleira no Concello de Compostela. Desde 2009 é deputada no Parlamento da Galiza e desde 2022 é a secretaria xeral do PP galego.

3ª María Ángeles Vázquez Mexuto (Melide, 1972): Licenciada en Xeografía e Historia pola USC. Durante 12 anos estivo á fronte da Alcaldía de Melide. Desde 2018 é a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta da Galiza e desde 2023 é ademais vicepresidenta segunda da Xunta da Galiza.

4ª Martina Aneiros Barros (Ferrol, 1977): Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleira en Ferrol e é Delegada Territorial da Xunta da Galiza en Ferrol. 

5º Borja Verea Fraiz (Compostela, 1980): Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, e doutor en Dereito pola USC. Presidente do PP de Compostela, onde foi candidato á Alcaldía e é portavoz municipal do seu grupo. Foi deputado no Parlamento da Galiza na última lexislatura.

6ª Ethel María Vázquez Mourelle (Ponteceso, 1972): Licenciada en Enxeñería de Camiños, Canles e Portos pola UDC. En 2020 foi elixida deputada do Parlamento da Galiza e no último mandato foi conselleira de Infraestruturas e mobilidade.

7ª Fabiola García Martínez (Ribeira, 1985): Licenciada en Dereito pola USC. Foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira. Desde 2016 até 2018 foi directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Consellaría de Política Social. Nos dous últimos mandatos foi conselleira de Política Social e Xuventude.

8º Miguel Corgos López-Prado (A Coruña, 1971): Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UDC. Desde 2021 é conselleiro de Facenda e Administración Pública.

9ª María Jesús Lourenzá Somoza (A Coruña, 1981): Licenciada en Dereito pola UDC. Foi conselleira de Emprego e desde 2023 é conselleira de Economía, Industria e Innovación.

10º Gonzalo Trenor López (Ribadeo, 1977): Licenciado en Dirección e Administración de Empresas pola USC. En 2020 foi nomeado Delegado da Xunta na Coruña.
 

11º Roberto Rodríguez Martínez : Licenciado en Dereito. É concelleiro do PP na Coruña e vicevoceiro do grupo municipal.
 

12ª Carmen María Pomar Toxo (Compostela, 1970): Licenciada en Psicoloxía pola USC. Ex conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta da Galiza. Foi deputada no Parlamento da Galiza na última lexislatura.

13º Rubén Lorenzo Gómez (1982): Técnico en Comercio e Márketing. Concelleiro en Carballo desde 2019 e deputado no Parlamento Galego desde 2020.

Bloque Nacionalista Galego

undefined

1ª Ana Pontón Mondelo (Sarria, 1977): Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Candidata á Presidencia da Xunta da Galiza. É portavoz nacional do BNG desde 2016 e na última lixislatura foi a líder da oposición no Parlamento da Galiza.

2ª Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968): Licenciada en Filoloxía Hispánica pola UDC. É membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega. É deputada do Parlamento da Galiza desde 2020.

3ª Rosana Pérez Fernández (A Pobra do Caramiñal, 1968): Foi Deputada no Congreso español e na última lexislatura foi deputada no Parlamento da Galiza.
 

4º Ramón Tomás Fernández Alfonzo (Ferrol): Licenciado en Dereito pola UNED e en Curso Superior de Relacións Laborais pola USC. Foi dirixente da CIG-Industria e na última lexislatura foi deputado no Parlamento da Galiza. 

5º Daniel Pérez López (Coristanco, 1977): Licenciado en Dereito pola UDC. É concelleiro en Carballo e desde 2020 e na última lexislatura foi deputado no Parlamento da Galiza.

6ª Iria Carreira Pazos (Arzúa, 1991): Médica residente. Formou parte da dirección nacional de Galiza Nova e na última lexislatura foi deputada no Parlamento da Galiza.

7º Oscar Insua Lema (1980): Licenciado en Dereito pola USC. Avogado. Avogado.
 

8ª Iria Taibo Corsanego (Oleiros): Licenciada en Tradución e Interpretación pola UVigo. Tradutora e  presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación.

golpe

9º Xosé Manuel Golpe (Irixoa, 1972). Técnico especialista en enerxías renovábeis. Traballador como consultor enerxético na Axencia Enerxética da Deputación Provincial, nas Pontes.
 

Partido dos Socialistas de Galicia

1ª Patricia Iglesias Rey (Carballo, 1978): Natural de Carballo. Letrada da Xunta da Galiza desde 2005, e desde 2019, letrada maior da asesoría xurídica do Consello de Contas da Galiza.

2º Julio Ernesto Abalde (Vigo, 1956): Catedrático de Microbioloxía. Licenciado en Ciencias Biolóxicas e doutor pola USC. Exerce como profesor de Microbioloxía e foi reitor da Universidade da Coruña desde o 2016 até 2024.

silvia longueira foto

3ª Silvia Longueira Castro (A Coruña, ): Licenciada en Xeografía e Historia. É directora da Fundación Luis Seoane e foi concelleira de Servicios Sociais do Concello da Coruña entre 2007 e 2011. Forma parte da Executiva do PSdeG provincial da Coruña na área de Cultura, e é membro do Comité Nacional Galego do PSdeG.

Pontevedra

Partido Popular

El presidente de la Xunta, Alfonso RuedaDAVID CABEZON / XUNTA(Foto de ARCHIVO)07/12/2023

1º Alfonso Rueda Valenzuela (Pontevedra, 1968): Candidato á Presidencia da Xunta da Galiza polo PP. Licenciado en Dereito pola USC. Ocupou os cargos de xefe do Gabinete da Consellaría de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeneral de Administración Local da Xunta de Galicia. Foi vicepresidente da Xunta da Galiza con Alberto Núñez Feixoo e pasou a ocupar a Presidencia en 2022 ao este deixar o cargo para optar á Presidencia do Goberno español.

undefined

2ª Patricia García González (Vigo, 1975): Licenciada en Filoloxía inglesa pola UVigo. Fundadora del grupo empresarial Femxa e integrante da executiva do PP na cidade de Vigo.

María Martínez Allegue

3ª María Martínez Allegue (Pontevedra, 1978): Foi directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e até o de agora Xefa Territorial de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra.

Os conselleiros do Medio Rural, José González, e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, asinan un acordo de colaboración entre ambos departamentos para actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego.

4º Román Rodríguez González (Lalín, 1968): Licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Foi concelleiro en Lalín, deputado galego e vicevoceiro do PP. É conselleiro de Educación, Cultura e Turismo desde 2018.

5º Julio García Comesaña (Vigo, 1968): Licenciado en Ciencias Físicas pola USC. Foi nomeado conselleiro de Sanidade en 2020.

Pazos Couñago(Parlamento)

6º José Alberto Pazos Couñago (Redondela, 1972): Licenciado en Dereito. É concelleiro do PP en Redondela desde 2007. Foi deputado provincial, deputado no Parlamento da Galiza e director xeral de Administración Local da Xunta da Galiza. Actualmente é vicesecretario de Política Social do PP galego.

Raúl Santamaría González

7º Raúl Santamaría González (1998): Licenciado en Maxisterio. É militante do PP e integrou os coñcidos como 'Mozos de Aorusa' recentemente nun concurso de televisión.

Marta Mariño Regueiro

8º Marta Mariño Regueiro (Vigo): Funcionaria da Administración da Galiza.
 

María Dolores Hermelo

9ª María Dolores Hermelo Piñeiro (Cangas): Edil da oposición no Concello de Cangas.

María Deza

10ª María Deza Martínez: Concelleira de Urbanismo e voceira do Gobierno municipal de Sanxenxo.

silvestre-jose-balseiros-guinarte-11

11ª Silvestre José Balseiros Guinarte (Cerdedo-Cotobade): Director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria.


 

Bloque Nacionalista Galego

El viceportavoz parlamentario del BNG Luís Bará en rueda de prensaBNG(Foto de ARCHIVO)11/9/2023

1º Xosé Luís Bará Torres (Vilaboa, 1965): Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2005, foi Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura. Foi concelleiro de Mobilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e Centro Histórico en Pontevedra. Foi deputado no Parlamento da Galiza na última lexislatura. 

La diputada del BNG Montse Prado.BNG(Foto de ARCHIVO)29/3/2023

2ª Montserrat Prado Cores (Cambados, 1965): Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballadora do Servizo Galego de Saúde. Concelleira en Cambados entre 1991 e 1995. Delegada en Pontevedra da Consellaría de Innovación e Industria entre 2005 e 2009. Deputada desde a IX lexislatura, onde exerceu como voceira de Sanidade, Emprego e Pesca.

3ª Alexandra Fernández Gómez (Vigo, 1988): Foi deputada no Congreso español e na última lexislatura no Parlamento galego.
 

Paulo Rios Santome

4º Paulo Ríos Santomé (Moaña, 1993): Técnico superior en Dirección de Servizos de Restauración, traballador da hostalaría. Foi secretario xeral de Galiza Nova, foi concelleiro de Mocidade do Concello de Moaña entre 2017 e 2020. Foi deputado do Parlamento na última lexislatura.

El portavoz municipal del BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, y la diputada nacionalista en el Parlamento gallego, Carmela González.BNG(Foto de ARCHIVO)15/11/2023

5ª Carmela Gónzalez Iglesias (Vigo, 1967): É funcionaria da Xunta da Galiza e deputada no Parlamento da Galiza desde 2020.
 

Cristina Fernández Davila.BNG(Foto de ARCHIVO)02/10/2023

6ª María Cristina Fernández Davila: Técnica Especialista en Informática de Xestión. Foi concelleira de Educación, Participación Cidadá e Interior e alcaldesa de Ponteareas. Foi deputada do Parlamento na última lexislatura.

// Foto J. Santome

7º Brais Ruanova Vilas-Boa (Vigo, 1992): Licenciado en Química Industrial. Foi Responsábel Comarcal de Galiza Nova en Vigo e na actualidade é responsábel de organización do BNG na comarca de Vigo. 

8ª Ariadna Fernández González (Lalín): Veterinaria e activista cultural . Concelleira do BNG en Lalín. 


 

Partido dos Socialistas de Galicia

El candidato del PSdeG a la presidencia de la Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, en el acto de presentación de candidaturas para las elecciones gallegas.intervienen: el secretario General del PSdeG, Valentín Formoso; las candidatas n1 por la provincia de Ourense, Pontevedra y A Coruña, respectivamente, Carmen Dacosta, Elena Espinosa y Patricia Iglesias y la candidata n2 por la provincia de Lugo, Lara Méndez.

1ª Elena Espinosa Mangana (Ourense, 1960): Licenciada Ciencias Económicas e Empresariais pola USC. Foi ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación e posteriormente ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. É concelleira en Vigo.

El portavoz del PSOE en el Ayuntamiento de Vigo, Carlos López Font, interviene durante una sesión plenaria del Ayuntamiento de Vigo, a 28 de diciembre de 2023, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). El personal de Vitrasa lleva en huelga indefinida desde el pasado 24 de noviembre. Hoy han protestado durante el Pleno del Ayuntamiento de Vigo para denunciar la paralización de la negociación para actualizar el convenio colectivo de la empresa, que continúa sin acuerdo tras tres años.28 DICIEMBRE 2023;PLENO;HUELGA;PROTESTA;AUTOBUSESAdrián Irago / Europa Press(Foto de ARCHIVO)28/12/2023

2º Carlos López Font (Madrid): Foi funcionario da Seguridade Social. Portavoz no goberno local de Vigo polo PSOE.
 

La edil socialista en el Ayuntamiento de Pontevedra Paloma Castro.PSOE PONTEVEDRA(Foto de ARCHIVO)07/8/2023

3ª Paloma Castro Rey (Pontevedra, 1981): Licenciada en Dereito pola UDC. É secretaria de política institucional da Comisión Executiva Provincial de Pontevedra e vicesecretaria de igualdade da Comisión Executiva Municipal de Pontevedra. Foi concelleira de Benestar e Igualdade en Pontevedra e actualmente é deputada no Parlamento galego.
 

Lugo

Partido Popular

1ª María Elena Candia López (Mondoñedo, 1978): Licenciada en Dereito pola UDC. Foi alcaldesa de Mondoñedo e presidenta da Deputación de Lugo. Deputada no Parlamento da Galiza, viceportavoz no Parlamento e portavoz da Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.

El delegado territorial de la Xunta, Javier Arias, la conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, y la jefa del servicio, Tamara Subiela, durante la presentación del proyecto de construcción de la nueva estación de autobuses intermodal de Lugo.EUROPA PRESS(Foto de ARCHIVO)27/11/2023

2º Javier Arias Fouz (1977): Licenciado en Dereito pola Universidade San Pablo-CEU. É o delegado territorial da Xunta da Galiza en Lugo.
 

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, firmará o convenio de colaboración coa Organización Interprofesional da Pesca en España, Interfish, co seu presidente, Juan Carlos Martín Fragueiro.

3º Alfonso Villares Bermúdez (Cervo, 1970): Licenciado en Veterinaria pola USC. Desde 2023 é conselleiro do Mar da Xunta da Galiza.
 

Cristina Sanz Arias

4ª Cristina Sanz Arias (Lugo, 1970): Licenciada en Economía pola USC. É deputada no Parlamento da Galiza.
 

Jose Manuel Mato Díaz

5º José Manuel Mato Díaz (Paradela, 1954): Empregado de Extensión Agraria en excedencia. Este 2024 deixou o cargo de alcalde de Paradela, aínda que mantivo a acta de concelleiro.

El nuevo portavoz parlamentario del PPdeG, Alberto Pazos, y las viceportavoces parlamentarias Paula Prado, Raquel Arias y Marisol Díaz MouteiroPPDEG(Foto de ARCHIVO)04/9/2023

6ª Raquel Arias Rodríguez (Sober, Terra de Lemos, 1966): Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Deputada do PP na X lexislatura, durante a que exerceu como secretaria da Mesa do Parlamento da Galiza.

José Manuel BalseiroPPDEG(Foto de ARCHIVO)22/2/2023

7º José Manuel Balseiro Orol (Ferreira, 1962): Foi secretario provincial do Partido Popular de Lugo até 2016 e agora desempeña o cargo de coordinador xeral e voceiro do PP en Lugo.

Enrique Barreiro Sánchez

8º Enrique Barreiro Sánchez (Friol): Concelleiro e vicesecretario de organización do concello de Friol.


 

Bloque Nacionalista Galego

Olalla Rodil, viceportavoz del BNG en el Parlamento de GaliciaBNG(Foto de ARCHIVO)18/12/2023

1ª Olalla Rodil Fernández (Ribeira de Piquín, 1989): Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola UVigo. Deputada polo BNG no Parlamento da Galiza.

Daniel Castro, número dos por Lugo, y junto a la secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, y otros intregrantes en un acto con jóvenes universitarios en el Campus de Santiago de CompostelaEUROPA PRESS05/2/2024

2º Daniel Castro García (Ribadeo, 1996): Licenciado en linguas estranxeiras pola UVigo. En 2023 presentouse como cabeza de lista por Lugo ao congreso. É deputado polo BNG no Parlamento da Galiza.

Montserrat Valcarcel

3ª Montserrat Valcarcel Armesto (O Incio, 1971): Doutora en enxeñaría agrónoma. Profesora na USC. Foi vicerreitora do Campus Terra.
 

Iago Suarez

4º Iago Suárez Fernández (Chantada, 1997): Licenciado en Tradución e Interpretación pola UVigo. Tradutor e xornalista. Desde 2018, forma parte da dirección comarcal de Galiza Nova no sur de Lugo e da Comisión Permanente de Galiza Nova como responsábel de Formación.

Partido dos Socialista de Galicia

undefined

1ª José Ramón Gómez Besteiro (Lugo, 1967): Avogado. Candidato á Presidencia da Xunta da Galiza. Foi delegado do Goberno español na Galiza, é deputado no Congreso.

18/05/2022 La alcaldesa de Lugo, Lara Méndez (PSdeG-PSOE), en una entrevista concedida a Europa PressPOLITICA ESPAÑA EUROPA GALICIA AUTONOMÍASCARLOS CASTRO/EUROPA PRESS2ª Lara Méndez López (Männedorf, 1972): Licenciada en Enxeñaría Técnica Agrícola pola USC. Foi alcaldesa de Lugo desde 2015 até 2024. Actual vicesecretaria xeral do PSdeG desde 2021.

Ourense

Partido Popular

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo López, intervirán no acto de inauguración do II Congreso de igualdade e recursos humanos dos servizos públicos de saúde. No Centro Galego de Arte Contemporáneo (rúa Ramón del Valle-Inclán, 2).foto xoán crespo

1ª Elena Rivo López (Ourense, 1971): Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu como tenente alcalde e xefa da área de Economía e Facenda no Concello de Ourense. Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade.

La presidenta de la gestora del PP de Ourense, Victoria NúñezPP OURENSE(Foto de ARCHIVO)03/10/2023

2ª María Victoria Núñez López (Ourense, 1975): Xefa territorial na provincia da vicepresidencia segunda e Consellaría de Medio Ambiente da Xunta.

3º José González Vázquez (Ourense, 1970): Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2018 é conselleiro do Medio Rural da Xunta da Galiza.

El presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira (1i), el presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda (2i), el alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida (2d),  y la alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei (1d), en la rueda de prensa del estand de Galicia en la primera jornada de la Feria Internacional de Turismo, FITUR 2024, en IFEMA Madrid, a 24 de enero de 2024, en Madrid (España). Galicia ha renovado su estand temático en Fitur, esta vez diseñado alrededor de los recursos ligados al agua en todas sus vertientes, y vuelve a hacer una clara apuesta por la accesibilidad, con la presencia de intérpretes en lenguaje de signos. Algunas de las propuestas de la Xunta son diversificar la peregrinación en los distintos itinerarios del Camino de Santiago, presentar los geoparques reconocidos por la Unesco o abrir ya algunas visitas como la Isla de Tambo. Además, su estand ofrece distintas demostraciones culinarias comentadas por profesionales de la cocina gallega y degustaciones de productos de marcas como Galicia Calidade, Agacal o Galicia sabe Amar.24 ENERO 2024;FITUR;IFEMA;MADRID;RUEDA;XUNTA;GALICIAGustavo Valiente / Europa Press24/1/2024

4º Miguel Ángel Santalices Vieira (Ourense, 1955): Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. É funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi presidente do Parlamento da Galiza na última lexislatura.

El delegado territorial de la Xunta en Ourense, Gabriel Alén, durante la reunión celebrada de modo telemáticoXUNTA(Foto de ARCHIVO)12/2/2021

5º Gabriel Alén Castro (Ourense, 1977): Mestre especialista en Educación Física pola UVigo. Logo de ocupar o seu posto como deputado do Parlamento da Galiza por uns meses, en setembro de 2020 foi elixido como Delegado Territorial da Xunta en Ourense. 

undefined

6ª Noelia Pérez López (Ourense, 1979): Licenciada en Traballo Social pola UVigo. Funcionaria da Administración local. Membro da Xunta Local do PP de Ourense desde o 2007.

El presidente de la Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Martínez, y el secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.XUNTA(Foto de ARCHIVO)10/10/2023

7º Antonio Rodríguez Miranda (A Bola, 1967): Licenciado en Bioloxía na USC. Foi voceiro municipal en Allariz desde o ano 2001 ata 2021. En 2009 foi elixido parlamentario autonómico, e nomeado voceira do PPdeG para a VII lexislatura.
 

Diaz Mouteira, Maria Sol

 8º María Sol Díaz Mouteira (Alemaña, 1967): Licenciada en Dereito pola UNED. Foi delegada territorial da Xunta en Ourense e é coordinadora de Comisións Sectoriais no Comité Executivo do PP ourensán.
 

Bloque Nacionalista Galego

La diputada económica del Grupo del BNG, Noa Presas, en rueda de prensa este lunesEUROPA PRESS(Foto de ARCHIVO)23/10/2023

1ª Noa Presas Begantiños (Ourense, 1987): Licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora. Deputada desde a X lexislatura, durante a que foi voceira dos áreas de Economía, Facenda e Orzamentos e de Industria e Enerxía, ademais das temáticas específicas do territorio de Ourense.

El diputado del BNG, Iago Tabarés, en rueda de prensa.BNG(Foto de ARCHIVO)07/9/2023

2º Iago Tabarés Pérez-Piñeiro (Ourense, 1969): Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado. Deputado na última lexislatura.

sonia vidal

3ª Sonia Vidal Lamas (Xunqueira de Ambía): Gandeira. Concelleira do BNG en Xunqueira de Ambía. Arnoia- A Limia.
 

Secundino Fernández

4º Secundino Fernández Fernández (A Fonsagrada 1967): Enxeñeiro de Montes e enxeñeiro Técnico Agrícola, na especialidade de Explotacións Agropecuarias. Foi alcalde en Viana do Bolo.
 

Partido dos Socialista de Galicia

La diputada del PSdeG Carmen Rodríguez Dacosta en el hemiciclo.PSDEG(Foto de ARCHIVO)10/8/2023

1ª María del Carmen Rodríguez Dacosta (Ourense, 1969): Licenciada en Dereito e técnica en Prevención de Riscos Laborais. Secretaria xeral da Agrupación Local de Ourense entre 2012 e 2018. Foi deputada na última lexislatura.

Democracia Ourensá

Armando Ojea, teniente de alcalde de Ourense será candidato de DO a las autonómicasDEMOCRACIA OURENSANA(Foto de ARCHIVO)15/11/2023

1º Armando Oxea Bouzo (Vilar de Barrio, A Limia, 1962): Licenciado en Físicas. Foi vicepresidente segundo da Deputación de Ourense en 2019. 

Comentarios