18-F

Isabel Faraldo: "Sen un Podemos forte, non hai cambio"

A candidata da formación morada no 18-F di que estes comicios demostran que “hai que fortalecer o proxecto de Podemos”.

Faraldo
photo_camera Declaracións da candidata de Podemos, Isabel Faraldo.

Non houbo cambio nas urnas e non houbo cambio porque non hai un Podemos forte. Esta é a reflexión que a candidata da formación morada, Isabel Faraldo, trasladou esta noite de domingo, unha vez que o reconto xa indicaba que o PP mantiña a maioría absoluta.

“Para que haxa cambio, que non houbo, precísase un Podemos forte”, manifestou ante os medios de prensa. “Se non hai un Podemos forte”, proseguiu, non é posíbel derrotar o PP.

Faraldo falou do “esforzo do electorado progresista en concentrar o voto no BNG” como algo que “non foi suficiente”. Polo que, considera, “o que nos ensinou esta campaña é que hai que fortalecer o proxecto de Podemos”.

O partido lilá fica como oitava forza máis votada, superada non só por PP, BNG ou PSdeG, senón que candidaturas como Democracia Ourensá, Vox, Sumar e PACMA tiveron máis apoios nas urnas que el.

“Desde hoxe, imos traballar en construír organización”, dixo, así como en “traballar” na defensa da “poboación máis vulnerábel”, que é a “ameazada” polas políticas do PP.

Con 95% escrutado, Podemos ten 0,25% dos sufraxios, 3.555 votos. En 2020, en coalición con Anova e Esquerda Unida obtiveron 51.630 votos, 3,94%. Podemos logrou menos votos que PACMA.

A formación tivo os seus peores resultados nas circunscricións de Lugo e Ourense, con 309 e 224 votos respectivamente. Nas de Coruña e Pontevedra se ben lograron máis votos (1.661 e 1.441), porcentualmente móvense nuns rexistros case que testemuñais, por baixo de 0,25%.

De feito, o partido lilá fica como oitava forza máis votada, superada non só polo PP. BNG ou PSdeG, senón que candidaturas como Democracia Ourensá, Vox, Sumar e PACMS, tiveron máis apoios nas urnas que el.

Comentarios