Ana Pontón chega ao cuartel xeral do BNG para reunirse coa Executiva e seguir o escrutinio

Ao longo da noite electoral está prevista unha primeira valoración na que se abordará a participación da cidadanía, co dato xa fechado, e poderáselle preguntar polas enquisas que se publicarán a partir das 20 horas.

Pontón, na Nave de Vidán coas cabezas de lista do BNG. (Foto: Arxina).
photo_camera Pontón, na Nave de Vidán coas cabezas de lista do BNG. (Foto: Arxina).

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, chegou arredor das 19.30 horas ao cuartel xeral da formación nacionalista, situado na Nave de Vidán, un restaurante compostelán que foi testemuña das noites electorais desde que a actual aspirante á Xunta situouse á fronte da formación.

Pontón estará arroupada pola Executiva Nacional do BNG e polas cabezas de lista polas catro demarcacións territoriais -Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Luís Bará (Pontevedra) e a dúas pola Coruña, Mercedes Queixas-.

Á súa chegada á Nave de Vidán, onde foi recibida con aplausos dos membros da dirección nacionalista, pousou coas cabezas de lista e mostrouse cun sorriso, sen ofrecer declaracións máis aló dun "toca esperar" ao que diten as urnas.

Ao longo da noite electoral está prevista unha primeira valoración na que se abordará a participación da cidadanía, co dato xa fechado, e poderáselle preguntar polas enquisas que se publicarán a partir das 20 horas.

Tamén está previsto que ao longo da noite cheguen militantes e simpatizantes para compartir os resultados que alcance a formación nacionalista, que parte con 19 escanos e como primeira forza da esquerda nesta última lexislatura.

Comentarios