Xácome vota para "salvar" a provincia de Ourense

O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensá depositou o voto no colexio Santo Domingo de Ourense.

Xácome, sostendo a papeleta de Democracia Ourensá antes de exercer o seu voto. (Foto: DO).
photo_camera Xácome, sostendo a papeleta de Democracia Ourensá antes de exercer o seu voto. (Foto: DO).

O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensá (DO), Gonzalo Pérez Xácome, votou paralelamente ao candidato da formación á presidencia da Xunta, Armando Oxea, esta mañá co obxectivo de “salvar a provincia de Ourense”.

A súa meta, dixo desde o colexio de Santo Domingo, é que o partido sexa “chave” no Goberno galego que saia deste 18-F.

“Somos máis galegos que ninguén, así que agardamos que o Parlamento da Galiza dependa dos votos que recibiu a nosa formación”, engadiu.

Xácome animou a votar porque, para el, “o abstencionismo non ten sentido, pois leva a que outros decidan por ti”.

Pola súa parte, Oxea, que votou no colexio Cardenal Cisneros, apuntou que DO buscará “ou co-gobernar ou chegar a acordos puntuais co partido ou a coalición de formacións que máis defenda os intereses da provincia”.

Comentarios