A participación rexistra un grande aumento de seis puntos porcentuais ás 17 horas

Os últimos datos feitos públicos pola Xunta revelan que votou máis dun millón de galegos e galegas, case 50% do censo. 
Votación en Pontevedra, hoxe. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Votación en Pontevedra, hoxe. (Foto: Nós Diario).

Segundos datos de participación nas eleccións galegas.

Segundo fontes oficiais, e con datos de 91% das mesas do país, xa exerceron o seu dereito a voto case 50% dos galegos e galegas, concretamente 49,13%.

A cifra total é de 1.000.795 persoas sobre o total de 2,2 millóns convocadas ás urnas, nun dato que só fai referencia a aquelas que o fixeron de forma presencial.

Isto representa un gran aumento con respecto ao primeiro avance de participación, feito público ás 12 horas, que indicaba que esta baixara 2,30 puntos con respecto a 2020.

Ademais, e estabelecendo a comparación co avance de participación das 17 horas das anteditas eleccións de 2020, ese crecemento é de 6,16 puntos.  

Comentarios