vítimas

Mobilización das vítimas do accidente do Alvia decorrida o pasado 24 de xullo en Compostela. (Foto: Arxina)
SOCIAL

"En mans de quen estamos?": Vítimas do Alvia solicitan reunirse con Óscar Puente

A Plataforma de Vítimas Alvia 04155 cuestiona a continuidade de Esther Mateo como directora de Seguridade de Adif por “faltar á verdade no xuízo”.

Busto de Alexandre Bóveda, en Bos Aires en 1945, con Castelao á dereita, na primeira homenaxe ás vítimas do franquismo. (Foto: CCG)
star
Reportaxes

A simboloxía da vitimidade: signos dinámicos da salvaridade como lugares da memoria

Os lugares da memoria son espazos que achegan verdade, teorizou Ignacio Ellacuría antes de que co seu martirio fora tamén el sinalado en diferentes localizacións como chamado para a lembranza. Así topamos desde San Salvador a Portugalete, da UCA da que era reitor até a Universidade de Innsbruck na que se formou, o seu nome recollido en murais, placas, bustos, etc. Este xesuíta, desde unha perspectiva teolóxica, analizou a función do lugar da vitimidade como espazo histórico-político. Considera que hai culpas que non se espían nos confesionarios senón que deben ser expurgadas en ámbitos públicos e comunitarios.
Ponte-do-Barco-1024x768
MEMORIA E HISTORIA

Cerdedo homenaxea ás vítimas da represión franquista

A Ponte do Barco, no lugar de Pedre, no actual concello de Cerdedo-Cotobade volve acoller o 13 de agosto ás 20 horas un acto de lembranza e reparación ás vítimas da ditadura no municipio.

Na Galiza aínda non está en marcha ningún dos centros de crise 24 horas que estabelece a lei do 'só si é si' de 2022. (Foto: Clara).
star
Análise

Atención ás vítimas de violencia sexual: outro negocio para as empresas do PP

Ximena González é militante da Marcha Mundial das Mulleres.
Entrada aos xulgados nos que decorreu o xuíxo do Alvia (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

A sentenza do Alvia sairá á luz antes do 31 de agosto

Familiares das vítimas realizaron un acto íntimo en Rois (Sar) en lembranza das persoas que faleceron no tráxico accidente.
San Simón
MEMORIA E HISTORIA

Centos de persoas reclaman en San Simón a declaración da illa como ‘espazo da memoria’

O movemento da memoria volveu un ano máis á illa de San Simón, no concello de Redondela, na comarca de Vigo, para denunciar a impunidade dos crimes do franquismo. Nesta ocasión, a xornada estivo marcada pola reivindicación da illa e do Pazo de Meirás como “espazos de memoria”.

Manual da boa vítima

Milicianos falanxistas da comarca de Sarria. (Foto: Arquivo Nomes e voces)
MEMORIA E HISTORIA

Viador, o verdugo que aínda mete medo

Un día como hoxe de 1940 era executado pola guerrilla de Luís Trigo Chao “O Gardarríos”, o falanxista lugués José Viador Traseira. 83 anos despois da súa morte o seu nome segue metendo medo en terras galegas e asturianas.

Os delitos contra as liberdades sexuais aumentan (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Violencia machista: a Rede galega de acollemento acubillou 143 mulleres e 92 menores o pasado ano, 25% máis que en 2021

Desde 2009 foron atendidas a través dos sete recursos —casas de acollida, vivendas tuteladas e centro de emerxencia— que operan na Galiza 1.942 mulleres e 1.567 crianzas.
Cascallos dun edificio derribado polo terremoto de onte en Alepo, Siria, durante os traballos de busca e rescate de superviventes. (Foto: SANA/dpa)
star
INTERNACIONAL

Case 5.000 mortes polos terremotos que afectaron Turquía e Siria

Un terremoto deixa milleiros de vítimas mortais nas rexións fronteirizas de Turquía e Siria, onde viven millóns de refuxiados pola guerra neste último país a ambos os dous lados dos lindes. Varios Estados desprazaron equipos para colaborar no rescate.
Sede do Concello de Boiro. (Foto: Google Maps)
SOCIAL

A Xunta require información ao Concello de Boiro tras as queixas de usuarias do CIM que denunciaron un trato "denigrante"

"Queremos saber ben que pasou para normalizar a situación neste centro", afirma a conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, a teor da polémica xerada en Boiro após denunciar "malos tratos institucionais" por parte do Concello un grupo de vítimas de violencia machista.
Jesús Domínguez, portavoz das vítimas do accidente de Angrois en 2013 (Foto: José González).
Xuízo do Alvia

Jesús Domínguez: "Adif ten que saír condenada para non ceder máis ás presións políticas"

Jesús Domínguez, presidente da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155, está na Galiza para seguir desde a Cidade da Cultura os primeiros días de xuízo polo accidente de Angrois. En conversa con 'Nós Diario' censura a demora e os atrancos de PP e PSOE a unha investigación independente que Europa e as vítimas seguen a reclamar.
Colocación do monolito en homenaxe ás vítimas do fascismo. (Foto: Comité pola Memória Histórica do Val do Límia)
MEMORIA E HISTORIA

Homenaxe ás vítimas do fascismo nas Terras de Entrimo

As vítimas do franquismo nas Terras de Entrimo serán homenaxeadas mañá polo Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia, que presentará un monólito na súa memoria.
San Simón, Aurora Marco
MEMORIA E HISTORIA

A memoria enche San Simón para homenaxear a guerrilla galega

Matias  da Torre
MEMORIA E HISTORIA

Matías da Torre: “San Simón debe ser nomeada como illa da memoria”

Matías da Torre é un veterano do movemento memorialista. Comprometido desde hai moitos anos na recuperación da illa de San Simón como espazo da memoria e na restauración das vitimas do campo de concentración franquista, analiza para Nós Diario a situación da illa e explica os actos previstos en homenaxe aos represasliados do franquismo para mañá 17 de xullo.

violencia-mujer-680x554
A vítima conta con dous partes de lesións do Hospital Clínico de Compostela

A xuíza de violencia de xénero de Compostela denégalle unha orde de afastamento a unha denunciante de malleiras habituais

A titular do xulgado de violencia sobre a muller de Santiago de Compostela, após de recibir declaración este sábado dunha sobrevivinte de violencia de xénero, que relatou malleiras constantes dende setembro de 2021, desconsiderou toda a súa declaración para denegarlle a orde de afastamento. Segundo documentación á que tivo acceso Nós Diario, a xuíza denegou a orde de protección á denunciante argumentando  que “non ficaron acreditados un risco obxectivo para a vítima e os feitos acreditados só son constitutivos dun delito leve de inxurias ou vexacións inxustas” 

Vítimas do accidente do Alvia en Angrois ante as portas do xulgado de Compostela en xullo de 2020 (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

As vítimas de Angrois cualifican de "despropósito" o aprazamento do xuízo polo sinistro do Alvia

Protesta das vítimas do accidente de Angrois. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Aprazado até despois de verán o xuízo polo sinistro do Alvia

A complexidade do caso, unida á gran cantidade de probas, testemuñas e peritaxes, provocan o adiamento do xuízo polo accidente do Alvia en Angrois, segundo o presidente do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde . Aínda que está claro que o xuízo decorrerá nunha localización de grande capacidade, esta non está decidida polo momento.
Unha sanitaria cunha dose da vacina. (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press) #vacinación #coronavirus #vacina #prioridades #ong #savethechildren #coronavirus #covid19
SOCIAL

Coronavirus Galiza: A pandemia causa 2.800 mortes após transcender 14 novas vítimas

A Consellaría de Sanidade comunicou que todas as persoas falecidas tiñan patoloxías previas. Porén, un dos decesos foi o dun home de 46 anos.
Un grupo de xente agarda para facer a PCR en Vigo, días antes das festas de Nadal. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Coronavirus Galiza: A pandemia causa 12 novas vítimas, unha delas sen patoloxías previas

As autoridades sanitarias informaron na tarde desta segunda feira, 3 de xaneiro, do pasamento dunha ducia de persoas que fora diagnosticada da Covid-19. Os falecementos decorreron en diferentes días de decembro e xaneiro.