martes 30/11/21

Canto proe!

[María Obelleiro]

A campaña impulsada polo BNG con motivo do 25 de novembro causou estupor nas redes sociais polo feito de interpelar os homes. Aposta por non facer protagonistas a elas como vítimas e por converter a eles, os que exercen a violencia machista nas súas múltiples formas, no centro da mensaxe. Mensaxes nas que se recolle o control do teléfono móbil por parte dos homes, nas que se censura a maneira de vestir das mulleres ou nas que se minimiza forzar as parellas a ter relacións sexuais.

A quen escandalizou? Os homes: “Non nos sinalen os homes. A violencia é de xénero. Nin todos os homes somos malos nin todas as mulleres boas”, “Non pode ser que todos os homes sexamos culpábeis. Aperturar litixios entre xéneros non leva a ningunha parte”, “A violencia non é unidireccional”, “Unha campaña que criminaliza todos os homes, iso non é igualdade”... Convídoas e convídoos a navegar polas redes e a ver a reacción de quen debería ser parte da solución para acabar coa violencia machista. Os asasinatos son a punta dun iceberg conformado sobre o patriarcado. Hai moita máis violencia!

Canto proe!
comentarios