Aprazado até despois de verán o xuízo polo sinistro do Alvia

A complexidade do caso, unida á gran cantidade de probas, testemuñas e peritaxes, provocan o adiamento do xuízo polo accidente do Alvia en Angrois, segundo o presidente do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde . Aínda que está claro que o xuízo decorrerá nunha localización de grande capacidade, esta non está decidida polo momento.
Protesta das vítimas do accidente de Angrois. (Foto: Arxina)
photo_camera Protesta das vítimas do accidente de Angrois. (Foto: Arxina)
Comentarios