A vítima conta con dous partes de lesións do Hospital Clínico de Compostela

A xuíza de violencia de xénero de Compostela denégalle unha orde de afastamento a unha denunciante de malleiras habituais

A titular do xulgado de violencia sobre a muller de Santiago de Compostela, após de recibir declaración este sábado dunha sobrevivinte de violencia de xénero, que relatou malleiras constantes dende setembro de 2021, desconsiderou toda a súa declaración para denegarlle a orde de afastamento. Segundo documentación á que tivo acceso Nós Diario, a xuíza denegou a orde de protección á denunciante argumentando  que “non ficaron acreditados un risco obxectivo para a vítima e os feitos acreditados só son constitutivos dun delito leve de inxurias ou vexacións inxustas” 

violencia-mujer-680x554
photo_camera A denunciante deu conta diante da xuíza de malos tratos habituais. (Foto: Nós Diario).
Comentarios