Contracultura
Jorge Boquete: "Ser a primeira serie en galego en recibir o galardón a Mellor episodio piloto é un orgullo"
29/dec./23
Jorge Boquete (A Coruña, 1991) é o director da webserie A arte de ser (mal) pai, que fora galardoada co premio do público durante a pasada edición do Carballo Interplay e que vén de ser recoñecida como a primeira serie en galego en alcanzar o galardón mellor episodio piloto do Festival Serielizados.