televisión

Belén Puime, no centro, durante a gravación de 'Pringadas'. (Foto: Pringadas)
star
CONTRACULTURA

Belén Puime: "Os personaxes de 'Pringadas' puideron solucionar o básico e agora veremos como van esas vidas"

Belén Puime (A Coruña, 1998) é a creadora de Pringadas, unha serie estreada en 2022 que segue a historia de tres compañeiras de piso e que está a piques de estrear a súa segunda tempada. Os novos capítulos chegan da man da CRTVG para a súa plataforma Agalega con novas historias e novos personaxes.

 

A candidata do Partido Demócrata á Presidencia dos Estados Unidos, Kamala Harris, esta quinta feira, en Chicago. (Foto: Europa Press)
Estados Unidos

As protestas contra o xenocidio en Gaza rompen a unidade do Partido Demócrata, que conclúe a proclamación de Harris

A Convención Nacional Demócrata nos Estados Unidos puxo punto e final na madrugada desta quinta á sexta feira —hora galega— á súa última xornada, superando segundo os últimos datos nos índices de audiencia o evento organizado polos republicanos. Porén, as protestas na rúa para rexeitar o apoio de Harris ao xenocidio israelí en Gaza impediron a imaxe de unidade que a formación, que chegou a vetar unha intervención contra o masacre, buscaba transmitir. Kamala Harris xa é oficialmente a candidata demócrata á Presidencia.
Matthew Perry interpretando Chandler Bing en 'Friends'. (Foto: NBC)
CULTURA

Cinco persoas son investigadas pola morte do actor Matthew Perry, Chandler Bing en 'Friends'

Entre as persoas investigadas está Brooke Mueller, ex esposa de Charlie Sheen.
Miguel Anxo Fernández Lores e Rafael Domíngez (no centro) descubrindo esta sexta feira a imaxe promocional dos Premios Feroz en Pontevedra. (Foto: Concello de Pontevedra)
CULTURA

Conta atrás para os Premios Feroz: Arranca en Pontevedra a campaña promocional da gala

Unha representación da Boa Vila asistirá ao Festival Internacional de Cinema de San Sebastián para promocionar o evento.

O actor Xabier Deive. (Foto: Albaiceta)
CULTURA

Falece o actor Xabier Deive aos 54 anos de idade

A noticia foi coñecida esta quinta feira, a través dunha mensaxe nas redes sociais do seu representante.
Desiré Pillado durante unha locución nun estudio de dobnraxe. (Foto: LucasTerceiro).
Día Internacional da Dobraxe

Case 90% do traballo de dobraxe que se realiza na Galiza faise en castelán

Máis dun cento de actores e actrices de dobraxe sosteñen o sector na Galiza. Non están soas; profesionais técnicos e de produción, tradutoras e axustadores, persoal de administración e de limpeza fan parte dun traballo artístico que reclama máis contidos en galego e mellores condicións salariais.
Rolda de prensa ofrecida polos colectivos que se opoñen a Altri esta cuarta feira en Compostela. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Encontra as diferenzas entre a emisión da TVG e da TVE: así cubriron a protesta social contra Altri

Entre outras diferencias, a TVE dedicou máis do dobre de tempo que a TVG a esta cuestión.
Imanol Arias e Ana Duato, nun fotograma da popular serie de televisión 'Cuéntame'. (Foto: RTVE)
Xustiza

Imanol Arias e Ana Duato, no banco dos acusados: a Audiencia Nacional xúlgaos por unha fraude fiscal millonaria

Anticorrupción reclama para Duato 32 anos de cárcere e 27 para Arias. Pola súa parte, a Avogacía do Estado, que representa á Axencia Tributaria no procedemento, pide similares penas: 28 anos para ambos os dous e multas que suman aproximadamente 16 millóns de euros.
O home acusado de agredir sexualmente en directo á xornalista Isa Balado. (Foto: Cuatro)
Xustiza

Fiscalía pide 18 meses de cárcere para o acusado de agredir sexualmente en directo a unha xornalista galega

En concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía reclama ao acusado 1.000 euros de indemnización "polos danos morais causados como consecuencia destes feitos".
O presentador de televisión, David Broncano (Foto: José Oliva / Europa Press).
POLÍTICA

A polémica fichaxe de Broncano por RTVE chega ao Senado: "Supón un aforro de 7% en relación ao custo que ten a actual oferta"

A presidenta interina da Corporación RTVE, Concepción Cascajosa, defendeu esta terza feira a contratación do programa de David Broncano aprobada polo Consello de Administración da corporación pública.
Instalacións da CRTVG en San Marcos, Santiago de Compostela. (Foto: CRTVG)
SOCIAL

O Colexio de Xornalistas demanda "a salvagarda do cumprimento da función de servizo público" da CRTVG

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas da Galiza (CPXG) presentou as súas achegas para a nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual da Galiza para a sociedade dixital.
Cámara de televisión e xornalistas en Gaza (Foto: Europa Press/Contacto/Atia Darwish).
(Foto de ARCHIVO)
12/5/2023
INTERNACIONAL

Israel ordena fechar Al Jazeera en todo o país

Reporteiros sen Fronteiras (RSF) denuncia que a orde é un intento de "silenciar a realidade" de Gaza.

Semifinal do 'Gran Prix' o pasado verán. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Galiza terá representación no ‘Grand Prix’: Burela competirá con 13 vilas do Estado español

O programa foi a mellor estrea do ano en televisión no ano 2023

Televisión

ENQUISA | É proporcionado o custo que terá o programa 'La Resistencia' en RTVE?

Cada unha das emisións de 'La Resistencia' en RTVE terá un custo medio duns 87.500 euros, algo que está sendo criticado por ser un gran dispendio. Non obstante, outros formatos de televisións públicas, como 'Land Rober' na CRTVG, teñen un custo aínda máis alto por programa.
O presentador de 'La Resistencia', David Broncano (Foto: Festval).
Televisión

'La Resistencia' ou 'Land Rober', cal é máis caro? As críticas a RTVE pola contratación de Broncano esquecen outros contratos millonarios

Cada unha das emisións de 'La Resistencia' terá un custo medio duns 87.500 euros.
O 'Xabarín Club' acompañou durante anos as merendas da rapazada galega. (Foto: S. G.)
Reportaxes

O fenómeno audiovisual e sociolóxico do Xabarín Club, 30 anos despois: queda alguén aí?

Xabarín faise vello. O vindeiro 18 de abril fará 30 anos ininterrompidos presentando un programa que transcendeu da pantalla e deu nome a toda unha xeración. Hoxe, aínda que non todo o mundo o sabe, o 'Xabarín Club' aínda existe e, se ben dispón de cada vez menos tempo e recursos e non recibe o trato que lle correspondería a un exitoso veterano coma el, está a piques de alcanzar a cifra redonda dos 150.000 socios e socias. Tres décadas despois de irromper nos televisores de todo o país para mudar para sempre o concepto de programación infantil cabe preguntarse: que queda daquel Xabarín? Le a reportaxe completa comprando nos quiosques o semanario Sermos Galiza deste sábado 13 de abril.
O porco máis bravo da televisión leva tres décadas en antena. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A TVG 'celebra' o 30 aniversario do Xabarín Club... suprimindo a icónica faixa da merenda

As series da tarde pasarán a vindeira semana, cando o Xabarín fará 30 anos, ás 9 horas da mañá, segundo puido saber 'Nós Diario'.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

O 30 aniversario do Xabarín Club, Marta Lado e Moncho Valcarce, no 'Sermos Galiza' do sábado

Neste novo número do semanario, á venda este sábado 13 de abril por 3,20 euros xunto ao xornal 'Nós Diario', entrevistamos a actriz Marta Lado, abordamos a evolución do Xabarín Club e falamos do legado de Moncho Valcarce.
Foto de familia das gañadoras e gañadores dos Premios Mestre Mateo 2024. (Foto: Aigi Boga / AGA)
CULTURA

'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras

A cinta dirixida por Jaione Camborda destaca nunha na que 'Matria', de Álvaro Gago, recibiu outras cinco estatuas e mantivo unha interesante batalla até o final da noite por ver quen se facía con máis. 
Ana Pardo de Vera e Ana Vázquez, esta cuarta feira, en 'Todo es mentira'. (Foto: Cuatro)
VÍDEO

Así foi o tenso enfrontamento entre Ana Vázquez e Pardo de Vera a conta dos contratos de Eulen

A xornalista de 'Público' sacou a debate no programa 'Todo es mentira' as adxudicacións da Xunta ao grupo da irmá de Feixoo e a deputada do PP replicou atacando a irmá de Pardo, a ex presidenta de Adif. "Iso é xogo sucio", reprochoulle.